A Peneda Cabezuda é un con situado no monte da Serra, na estrema entre os concellos de Chantada e Carballedo e próxima a Milleirós e O Barrio de Puga.
Características O nome de Peneda Cabezuda vénlle de que se pode ver o perfil dunha cabeza humana situándose nunha posición determinada. Moi próximas están a Pena da Casa, a Pena da Barca e a Pedra da Marrá, unha peneda cortada pola metade.
Cultura popular Segundo a tradición oral, unha moura viña fiando na roca e pousou alí o que traía na cabeza, de aí a peneda. Na década de 1940 os soldados poñían a bandeira de España nos sitios destacados, e A Peneda Cabezuda era un deles.. Cóntase tamén que nela estiveron os mouros e que nela se atopaba ouro
Notas
Galería de imaxes
Categoría:Carballedo Categoría:Chantada Categoría:Xeoloxía de Galicia