STS-95 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 29 de outubro de 1998 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.

Características STS-95, con sete astronautas (Curtis Brown, Steven Lindsey, Scott Parazynski, Stephen Robinson, Pedro Duque, Chiaki Mukai e John Glenn) a bordo, foi unha misión lanzada para levar a cabo varios experimentos no módulo Spacehab e facer observacións astronómicas coa plataforma Spartan-201. A misión tivo gran repercusión nos medios ao voar nela John Glenn, o primeiro estadounidense en chegar á órbita, en 1962, e o primeiro español, Pedro Duque. Durante a misión liberouse o satélite PANSAT e tamén fixéronse probas co sistema HOST (Hubble Space Telescope Orbiting Systems Test) para a seguinte misión de mantemento do telescopio espacial Hubble, así como observacións astronómicas coa carga International Extreme Ultraviolet Hitchhiker.

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 7 de novembro de 1998.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Transbordador espacial Discovery

Categoría:Programa STS