O Parque Nacional das Grandes Montañas Fumegantes (en ) é un parque nacional e un lugar Patrimonio da Humanidade pola UNESCO que se estende ó longo das Grandes Montañas Fumegantes, parte das Montañas Blue Ridge, que é unha división da cadea montañosa dos Apalaches. É a fronteira entre Tennessee e Carolina do Norte e discorre dende o nordeste até o suroeste. É o parque nacional máis visitado dos Estados Unidos de AméricaGSMNP main page - National Park Service con máis de 11,3 millóns de visitantes no ano 2016. Na súa ruta dende Maine até Xeorxia, o Sendeiro dos Apalaches tamén pasa polo centro do parque. O parque foi arrendado polo Congreso dos Estados Unidos en 1934 e foi oficialmente declarado polo presidente Franklin D. Roosevelt en 1940.GSMNP stories - National Park Service O parque abrangue 2.114,15 km², o que o converte nunha das meirandes áreas protexidas do leste dos Estados Unidos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial Bibliografía Saferstein, Mark. 2004. Great Smoky Mountains. 22nd ed. American Parks Network. Tilden, Freeman. 1970. The National Parks "Old-Time Smoky Mountain Music: 34 Historic Songs, Ballads, and Instrumentals Recorded in the Great Smoky Mountains by 'Song Catcher' Joseph S. Hall" (CD released by the Great Smoky Mountains Association, 2010). Pierce, Daniel S. The Great Smokies: From Natural Habitat to National Park. Knoxville: University of Tennessee Press, 2000.
Categoría:Parques nacionais dos Estados Unidos de América Categoría:Patrimonio da Humanidade nos Estados Unidos de América Categoría:Áreas protexidas establecidas en 1934