Irene Vallejo Moreu, nada en Zaragoza en 1979, é unha escritora española.
En 2025 foi Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes.
Traxectoria Doutora en filoloxía clásica polas universidades de Zaragoza e Florencia, o seu labor céntrase na investigación e divulgación dos autores clásicos. Colabora no periódico Heraldo de Aragón, con artigos que mesturan temas de actualidade con ensinanzas do mundo antigo. Publicou dous libros recompilatorios das súas columnas semanais, El pasado que te espera e Alguien habló de nosotros.
Como creadora, en 2011 publicou a súa primeira novela, La luz sepultada, unha historia de suspense. A súa segunda novela foi El silbido del arquero, publicada por editorial Contraseña, unha historia de aventuras e amor ambientada en tempos lendarios, reformulando os conflitos contemporáneos. Dentro da literatura infantil e xuvenil publicou as obras El inventor de viajes, ilustrada por José Luis Cano, e La leyenda de las mareas mansas, en colaboración coa pintora Lina Vila. Foi incluída na antoloxía de narradoras aragonesas Hablarán de nosotras (2016) co relato El mal invisible.
Obras Terminología libraria y crítico-literaria en Marcial (2008) El pasado que te espera (2010) La luz sepultada (2011) El inventor de viajes (2014) La leyenda de las mareas mansas (2015) El silbido del arquero (2015) Alguien habló de nosotros (2017) El infinito en un junco (2019). O infinito nun xunco (2021). Xerais. 480 páxs. ISBN 978-84-9121-843-2. ePub: ISBN 978-84-9121-858-6. Tradución de María López Suárez.
Recoñecementos Quinto certame Los Nuevos de Alfaguara (1997) Premio Búho '97 aos aragoneses do ano. Premio da Sociedad de Estudios Clásicos ao mellor traballo de investigación (2005) Mención especial do xurado no Premio Internacional de Novela Histórica Ciudad de Zaragoza (2012) Premio Sabina de Plata (2017) Premio Nacional de Ensaio (2020)
Notas
Categoría:Escritores de Aragón Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Zaragoza Categoría:Nados en 1979 Categoría:Premio Nacional de Ensaio de España Categoría:Membros da Academia Colombiana da Lingua