Os eslovenos (en ) son un grupo étnico nativo de Eslovenia. A súa lingua é o esloveno, unha das linguas da póla eslava meridional de significativas similitudes coas linguas eslavas occidentais.
Os eslovenos viven principalmente en Eslovenia, e son unha das grandes minorías étnicas en Austria, Hungría, Croacia, Italia e Serbia, onde nalgúns casos son poboadores locais de arraigo ancestral. Os seus emigrantes viven principalmente noutras nacións europeas, así como nos Estados Unidos, o Canadá, a Arxentina e Australia.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Grupos étnicos de Europa
Categoría:Grupos étnicos de Europa Categoría:Grupos étnicos de Eslovenia