Ellery Queen é un dos heterónimos escolleitos en 1929 polos curmáns Frederic Dannay (20 de outubro de 1905-3 de setembro de 1982)Ficha do persoeiro en Findagrave.com . e Manfred B. Lee (11 de xaneiro de 1905-3 de abril de 1971)Ficha do persoeiro en Findagrave.com ., dous prolíficos escritores norteamericanos de novela policial. Co tal alcume, seguiron a asinar obras até 1979. Así mesmo, Ellery Queen é o nome co que estes autores bautizaron o detective protagonista dunha longa serie de relatos e novelas. Este personaxe acadou gran sona, feito polo que os curmáns Dannay e Lee decidiron crear en 1941 a revista literaria Ellery Queen’s Mystery Magazine (EQMM), considerada unha das máis influentes publicacións relacionadas co xénero do misterio en lingua inglesa na segunda metade do século XXSymons, Julian. Bloody Murder. Faber and Faber, 1972. ISBN 0-14-003794-2.
As historias de Ellery Queen foron levadas á radio (o rol do detective correspondeulle a Hugh Marlowe), ao cinema (con George Nader como protagonista) e á televisiónFicha de The Mandarin Mystery en Archive.org ., onde Queen foi interpretado por Donald Cook, Eddie Quillan, Ralph Bellami ou William Gargan.
A franquía Ellery Queen tamén se estendeu ao teatroVertigo brings Ellery Queen to Calgary stage with Calamity Town, nova en Calgary Herald o 29 de xaneiro de 2016 ., á banda deseñada e mesmo aos xogos de mesa Páxina web sobre a figura de Ellery Queen, en Neptune.spaceports.com. Consultada o 10 de febreiro 2017 ..
ObraÉ unicamente unha escolma. 1929: The Roman Hat Mystery 1931: The Dutch Shoe Mystery 1932: The Greek Coffin Mystery 1932: The Egyptian Cross Mystery 1933: The Siamese Twin Mystery 1934: The Chinese Orange Mystery 1935: The Spanish Cape Mystery 1936: Halfway House 1939: The Dragon’s Teeth 1945: The Murderer is a Fox 1949: Cat of Many Tails 1950: Double, Double 1951: The Origin of Evil 1958: The Finishing Stroke 1964: … and on the Eighth Day 1966: A Study in Terror
Traducións ao galego En galego está publicado un relato seu dentro da obra Antoloxía do relato policial (Vicens Vives, 2013)Catálogo da editorial en 2017 , páx. 13..
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas "Ellery Queen is the American detective story" . Emisións radiofónicas de Ellery Queen no dominio público .
Categoría:Personaxes de ficción Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América