Domingos Abílio Gomes Raposo, nado en Malhadas o 17 de maio de 1952 é un profesor da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD) e un dos maiores especialistas na lingua mirandesa.

Traxectoria Raposo licenciouse pola Faculdade de Letras da Universidade do Porto en 1980. Máis tarde, fixo un mestrado en historia das poboacións na Universidade do Minho. Foi redactor e coordinador do xornal Planalto Mirandês, e tamén coordinador do Projeto Cultural Integrado de Miranda do Douro. En 1985 creou a disciplina optativa de lingua mirandesa e en 1987 organizou e editou as actas das Primeiras Xornadas de Lingua e Cultura Mirandesas. Raposo escribiu varios traballos e estudos sobre a lingua mirandesa e tamén é autor de obras discográficas sobre a música tradicional mirandesa.

Notas

Categoría:Nados no distrito de Braganza Categoría:Nados en 1952 Categoría:Lingüistas de Portugal Categoría:Profesores Categoría:Lingua mirandesa Categoría:Xornalistas de Portugal Categoría:Personalidades sen imaxes