O aeroporto internacional de Guadalaxara , oficialmente coñecido como aeroporto internacional de Guadalaxara Miguel Hidalgo y Costilla, é o principal aeroporto da segunda cidade máis grande de México, Guadalaxara. Inaugurado en 1966, está situado a 16 quilómetros ao sur do centro da cidade. No ano 2016 usaron o aeroporto 11 395 800 pasaxeiros, e en 2017 12 808 000. Trátase do terceiro aeroporto máis concorrido en termos de pasaxeiros do país, tras o de Cidade de México e o de Cancún, e o segundo en voos de carga.

O aeroporto de Guadalaxara está formado por dúas pistas e unha única terminal. É un centro de conexións para a aeroliña mexicana Volaris, actuando como unha porta de entrada principal cara aos Estados Unidos. Tamén é unha cidade focal para Aeroméxico, Interjet e VivaAerobus. O aeroporto ofrece voos cara a destinos dentro de México, Centroamérica e os Estados Unidos. Foi bautizado na honra de Miguel Hidalgo, sacerdote e militar que destaco no comezo da Guerra de Independencia de México.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Notas

Guadalajara Categoría:Guadalaxara, México