Castro da Punta de Santa Mariña ou Castro de Santa Mariña é un poboado fortificado nunha península en Ares.
Descrición É un castro costeiro coas defensas no istmo da península e adaptado á forma da rocha. A entrada sería por un pequeno camiño situado entre as defensas e o cantil. Está protexido por dúas murallas monumentais con forma de arco, unha situada no itsmo e outra maior dus 100 metros no propio castro, entre elas hai un foxo cortado entre cantís. No interior do recinto vense varias construcións en ruínas que pertenceron a unha batería militar que desfixo o castro. Ao leste do castro hai unha galería coñecida como Cova dos Mouros ou de Santa Mariña, duns 120 metros de lonxitude e 1,5 metros de altura escavada na rocha e que se supón relacionada co castro.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Castros de Galicia Cultura castrexa Arco Ártabro
Punta