dereita|miniatura|Bufanda e pósters do equipo na cantina do campo.

A Cultural Deportiva Beluso é un club de fútbol galego da parroquia de Beluso (Bueu). Fundouse en 1975, e compite no Grupo 2 da Preferente Galicia. O seu terreo de xogo é o campo das Laxes. Historia

En 1985 ascendeu por primeira vez á Segunda Rexional, onde se mantivo seis tempadas antes de dar o salto a Primeira Rexional na 1990-91. Nos anos 90 era unha canteira forte en Galicia, chegando algún dos seus xogadores a Segunda e Segunda B. Na 1995-96 descendeu á Segunda Rexional, e non volveu á maior categoría da provincia ata as tempadas 2005-06 e 2006-07.

No ano 2009-10 tocou chan en terceira rexional pero a partir de aí unha serie de ascensos en poucos anos levárono á Preferente Galicia na 2017-18. Foise consolidando na categoría, e chegou mesmo a loitar polo play-off a Terceira División. Na 2022-23 descendeu por arrastres, pero conseguiu ascender de novo na seguinte campaña, cun equipo totalmente renovado. Na 24-25 acadou o título simbólico de campións de inverno con 38 puntos en 17 xornadas e cunha clasificación ao play-off a Terceira RFEF no que quedou sen o ascenso nunha quenda de penaltis.

Mantén unha rivalidade co Rápido Bahía, Bueu e nos últimos anos Moaña ao ser clásicos da Preferente.

Uniforme Uniforme titular: Camiseta azul celeste, pantalón branco e medias azuis celestes.

Datos do club Historial na liga TempadaCategoríaPosto2014/151ª Autonómica4º2015/161ª Autonómica14º2016/171ª Autonómica 10px2017/18Preferente9º2018/19Preferente8º2019/20Preferente14º2020/21Preferente2021/22Preferente / 2022/23Preferente 10px2023/241ª Galicia 10px2024/25Preferente3º

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do club na Federación Galega de Fútbol Datos do club en lapreferente.com

Categoría:Equipos de fútbol da provincia de Pontevedra Categoría:Deporte en Bueu