Mini-Europe é un parque de Bruxelas, Bélxica, situado ao pé do popular Atomium, que alberga reproducións a escala 1/25 dalgúns dos monumentos máis coñecidos da Unión Europea. A exposición componse duns 350 edificios representativos de 80 cidades."Conheça boa parte de Europa no Parque Mini-Europa ". En Dicas da Europa (en portugués)

Descrición miniatura|esquerda|O parque Mini-Europe visto desde o Atomium Nos seus 24.000 metros cadrados, o parque contén reproducións dos monumentos de máis sona da Unión Europea, a escala 1/25, correspondentes a preto de 80 cidades.

É moi salientable a calidade das súas maquetas, algunhas das cales chegaron a custar ata de 350.000 euros (como a Grand-Place de Bruxelas). O parque contén, ademais, diversas animacións (tren, muíños, a erupción do monte Vesubio, un Airbus, a caída do Muro de Berlín, as góndolas de Venecia, etc.)."Activities ". No sitio web oficial do parque (en inglés)

Durante a visita, disponse dunha guía impresa que dá información sobre todos os monumentos e, ao seu remate, hai unha exposición interactiva denominada "Espírito de Europa" que presenta a Unión Europea dun xeito lúdico e participativo. A través dos monumentos en miniatura e das escenas da historia de Europa, amósanse os valores europeos (democracia, emprendemento, cultura, prosperidade, espírito de aventura, a herdanza cristiá, a tecnoloxía, o laicismo e o multiculturalismo), así como a súa herdanza (gregos, romanos, viquingos, Idade Media, Renacemento, Ilustración, Revolución Francesa, etc.) e mesmo acontecementos máis conxunturais, como o brexit."Spirit of Europe: una iniciativa de Mini-Europe". No sitio web oficial do parque (en castelán)

Para todas estas actividades, Mini-Europe conta co apoio da Comisión Europea e do Parlamento Europeo.

Un libro-guía en 11 linguas detalla información, anécdotas e datos curiosos sobre os monumentos, sobre os seus países e sobre a Unión europea.Pódese consultar o libro-guía na súa versión en castelán aquí ."Descripción". Na páxina web oficial do parque (en castelán)

Historia

O proxecto e os inicios miniatura|esquerda|Un grupo de persoas visitando as instalacións A idea orixinal do parque correspóndelle a un empresario holandés que concibiu, en 1986, a realización dun parque en miniatura na zona de Heysel e logrou a implicación no proxecto da Sociedade Rexional de Investimentos de Bruxelas, aínda que finalmente o empresario holandés acabou por retirarse, logo de varios fracasos das súas empresas, cando o parque xa estaba deseñado e as primeiras maquetas foran encargadas. As súas accións foron adquiridas polo grupo Walibi, que formalizou a súa participación como socio no proxecto en xuño de 1988. O investimento total para o desenvolvemento do proxecto foi de 10 millóns de euros.Meeùs, Eddy. Hors des sentiers battus : Du Kivu à Walibi. Éditions Clepsydre. 2002 [ISBN 2-930304-07-3] (en francés)"Walibi se tourne". En Le Soir (Belgique). 21 de abril de 1989 (en francés)

O daquela príncipe e posteriormente rei Filipe de Bélxica inaugurou as instalacións o día 1 de xuño de 1989. Durante os primeiros anos, Mini-Europe non se amosou moi rendible, cun volume de negocio de entre 100 e 120 millóns de millóns de francos belgas (entre 2,5 e 3 millóns de euros).

Os primeiros edificios en miniatura que se puideron visitar foron o Mosteiro do Escorial, o Palacio de Westminster, o Nyhavn de Copenhague, a Grand-Place de Bruxelas, o Arco de Triufo de París, a Torre de Pisa, o Partenón de Atenas e a Porta de Brandemburgo, de Berlín.

En 1997 recibía xa 300.000 visitantes e en 2012 subiron a 350.000. Xa con 4 millóns de euros como volume de negocio, o parque Mini-Europe converteuse nunha das primeiras atraccións de Bruxelas."Les parcs à thème ". Agence de Développement et d'Urbanisme. Pays de Montbéliard (en francés)

A construción dos monumentos miniatura|Vista do Atomium desde o parque Mini-Europe Os criterios utilizados para a escolla dos monumentos foron a súa calidade arquitectónica e o seu simbolismo europeo. Logo desa primeira selección, houbo unha segunda fase de investigación, cun custo duns 200.000 euros, na que se procuraron planos, fotografías e a maior cantidade posible de diocumentación técnica de cada edificio.

O equipo de creadores e maquetistas que elaboraron os edificios estaba composto por 165 profesionais procedentes de Alemaña, Francia, Bélxica, Portugal, España, os Países Baixos e o Reino Unido. A maioría dos monumentos foron construídos por moldaxe. As pezas elaboráronse a partir de materiais diversos e, a continuación, copiáronse por moldaxe de silicona. As copias finais fixéronse de resina epoxi (posteriormente pasaron a elaborarse en poliéster). No entanto, houbo tres monumentos construídos en mármore: a Torre de Pisa e o Castelo de Chenonceau.

Para o financiamento da construción dalgunhas destas maquetas contouse, en ocasións, coa colaboración económica dos respectivos gobernos locais, rexionais ou nacionais."Le tour d'Europe en 80 minutes". En Le Soir (Belgique). 7 de abril de 1989 (en francés)

Galicia en Mini-Europe O único edificio galego representado no parque Mini-Europe é a Catedral de Santiago de Compostela, cunha detallada maqueta que requiriu máis de 24.000 horas de traballo.

Notas

Véxase tamén

Maqueta Diorama

Ligazóns externas Sitio web oficial do parque Mini-Europe

Categoría:Parques de atraccións Categoría:Monumentos Categoría:Arquitectura de Bélxica Categoría:Cultura de Bélxica Categoría:Bruxelas