Dolores Lombardero Martínez, nada no Bizarro (Sante, Trabada) o 12 de novembro de 1912 e finada en Mondoñedo o 30 de maio de 2009, foi unha farmacéutica galega.Fernández (2021)
Traxectoria Seu pai foi Manuel Lombardero Castro, do Bizarro e a súa nai, Enriqueta Martínez Rodríguez, era da Pontenova. Tivo tres irmáns: Felisa, José e Ramona. Filla de pais labregos, viviu na vila de Mondoñedo desde nena, ao trasladarse a ela para vivir canda uns seus tíos. Era sobriña do capitán de infantaría Secundino Martínez Lavandeira.
Ingresou no Instituto Nacional de 2ª Enseñanza de Lugo en xuño de 1925 e en 1926 trasladou o seu expediente a Santiago de Compostela, onde acada o título de Bacharelato en 1928. Estudou Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela entre 1928 e 1932, e acadou o seu título de licenciada o 25 de outubro de 1932. En 1933 mercou unha farmacia en Mondoñedo, pero para poder tomar posesión dela tivo que contar cun permiso paterno, ao ser menor de idade segundo a lexislación da época. Estivo á fronte dela (xa bautizada como Farmacia Lombardero) ata a súa xubilación. Foi secretaria da asociación mindoniense Mujeres al Servicio de España, organización creada durante a guerra civil española para atender os feridos de guerra, realizar traballos de costura e bordado e a recadación das chamadas subscricións patrióticas.
Ata a súa xubilación ocupou tamén o posto de inspectora farmacéutica municipal, desde o cal se encargaba das análises das bebidas alcohólicas producidas no municipio (especialmente do control do alcohol metílico), así como da análise de augas e comestibles elaborados (pan, doces, embutidos...). Foi tamén analista da Seguridade Social en Mondoñedo.
Vida persoal Casou co médico Jesús Rivas Arias, co que tivo seis fillos que seguiron as carreiras dos pais : Jesús, María Dolores, Pedro, María Remedios e María Enriqueta exerceron a Medicina, mentres que María Jesús e María Dolores foron tamén farmacéuticas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Fernández García, Isabel (2021). Pioneiras de Ciencias de Lugo . Editorial: Asociación Colectivo Egeria ISBN: 978-84-09-31713-4
Pintos Barral, Xoana (2021). Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros. Editorial Galaxia. Ligazóns externas "Obituario" en El Progreso, 3 de xuño de 2009 .
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Nados en Trabada Categoría:Farmacéuticos de Trabada Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes