Acontecementos Imperio carolinxio División (prevista desde 865 do reino de Lois o Xermánico entre os seus fillos, Carlomagno, Lois o Mozo e Carlos o Gordo. Carlos o Calvo tenta sen éxito reconquistar a herdanza do seu irmán. É derrotado en Andernach en outubro cando tentaba retomar a Lorena oriental do seu sobriño o rei Lois III o Mozo. Alain o Grande convértense en conde de Nantes e de Vannes (até 907). Reúne toda a Bretaña francesa baixo o seu dominio. Os viquingos soben polo río Sena até Meulan.

Illas Británicas Os dinamarqueses Hasting e Hálfdan instálanse en York. Guthrum, instalado en Cambridge, invade Wessex, mentres unha frota viquinga desembarca no suroeste de Inglaterra. Alfredo o Grande, rei de Wessex, é atacado na véspera da Epifanía con total efecto sorpresa.

Italia Os árabes devastan o campo romano este ano e o seguinte e forzan ao papa a pagarlles 20 000 mancusi de prata anuais. Bizancio retoma Bari dos francos. O dogo de Veneza prohibe en van o comercio de escravos eslavos da costa dálmata.

Rusia O varego Oleg apodérase de Kíiv e funda un principado.

Arte e cultura Mesquita de Ibn Tulun, no Cairo, Exipto.

Nacementos Henrique I de Alemaña, duque da Saxonia e rei da Francia Oriental (Xermania) (936)

Mortes 28 de agosto - Lois o Xermánico, rei da Xermania (n. 806). Xoán Escoto Eríxena, filósofo e monxe irlandés na corte de Carlos o Calvo (n. 800).

Historia ano a ano

Categoría:876