Castro do encoro de Cecebre é un castro de cumio fortificado situado na actual illa do encoro de Cecebre, en Orto, Abegondo. Podería ser un xacemento romano.
Descrición Foi redescuberto en 2017. Ten forma ovalada con eixe maior orientado N-S, con dúas liñas defensivas. As súas medidas son 90 metros de LO e 120 m de NS. A illa está poboada de eucaliptos e só é accesible en bote. Os terreos están en Orto e son propiedade do concello da Coruña, que adquirira os terreos para a construción do encoro entre 1974 e 1976.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña
Encoro de Cecebre