Hypositta corallirostris, xeralmente chamado vanga gabeador, é unha especie de ave paseriforme da familia Vangidae endémica de Madagascar. Os seus hábitats naturais son as selvas de terras baixas e bosques húmidos.
Descrición
miniatura|150px|esquerda|Exemplar feminino. É un paxaro pequeno que mide entre 13 e 14 cm.Langrand O. (1995) Guide des Oiseaux de Madagascar. Delachaux & Niestlé, Lausanne. París, p. 415 ISBN 2603009990 A plumaxe do macho é de cor azul agrisada uniforme, agás o lorum e a base do peteiro, que son negros, en contraste co peteiro vermello intenso. Ao contrario, a femia ten as partes inferiores e a cabeza de tons pardo oliváceos, e as súas partes superiores son máis agrisadas que as dos machos. Os ollos de ambos os sexos son pardos escuros, e as súas patas agrisadas teñen dedas longas con grandes uñas curvadas que usan para agarrarse aos troncos das árbores.
Taxonomía
A especie foi descrita por Alfred Newton en 1863 como Hypherpes corallirostris,Proceedings of the Zoological Society of London. 1863. Pt1 p.85 e en 1881 foi trasladada ao seu actual xénero, Hypositta, tamén creado por Newton porque Hypherpes fora asignado con anterioridade para clasificar escaravellos. Hypositta é un xénero monotípico clasificado dentro da familia Vangidae.
En 1996 engadiuse unha suposta nova especie ao xénero, Hypositta perdita, pero estudos xenéticos realizados en 2013 demostraron que os exemplares cos que fora definida eran en realidade xuvenís de Oxylabes madagascariensis cun morfo de cor rara,Fjeldså, Mayr, Jønsson & Irestedt 2013. On the true identity of Bluntschli's Vanga Hypositta perdita Peters, 1996, a presumed extinct species of Vangidae. Bull. BOC 133 (1): 72–75. polo que Hypositta corallirostris volveu quedar como único integrante do xénero.
Distribución e hábitat
Encóntrase unicamente nos bosques tropicais do leste de Madagascar.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sons e mapa de distribución de Hypositta corallirostris en Xeno-canto.
Categoría:Paseriformes Categoría:Animais descritos en 1863