A Aduana Real é un edificio de estilo clasicista situado no barrio da Pescaría da Coruña.
Historia En 1761 instalouse na Coruña a Real Intendencia de Rendas, nun edificio alugado na avenida da Mariña. Considerado axeitado o lugar decidiuse comprar o local e os edificios contiguos.
O edificio foi construído como sede da Aduana Real en 1768, segundo o deseño de Pedro Cermeño. Debería formar un conxunto coas casas de Paredes, mais o proxecto quedou inacabado.
A mediados do século XX pasou acoller o Goberno Civil da provincia da Coruña, convertido en 1997 en subdelegación do goberno.
Descrición A aduana real é un edificio de cantería que dá a tres rúas con dúas fachadas. A máis monumental é a da rúa Real, con pilastras xónicas. A fachada lateral, probablemente de Faustino Domínguez Domínguez, é do século XIX.
No século XX engadiuse un andar, destruíndose as bufardas.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha en Turgalicia La Subdelegación del Gobierno convierte en oficinas las viviendas de la tercera planta
Categoría:Arquitectura civil na Coruña