4 luni, 3 săptămâni și 2 zile é un filme romanés de 2007 escrito e dirixido por Cristian Mungiu. Está protagonizado por Anamaria Marinca, Laura Vasiliu e Vlad Ivanov. Está ambientado na Romanía comunista nos derradeiros anos da era de Nicolae Ceaușescu. Conta a historia de dúas estudantes universitarias, compañeiras de cuarto que tratan de facer un aborto. Inspirada no contexto histórico e social, amosa a lealdade de dúas amigas e as súas dificultades para conseguilo.

Mungiu e o fotógrafo Oleg Mutu rodárona en Bucarest e noutras localizacións en 2006. Despois da súa estrea mundial en Cannes, 4 luni, 3 săptămâni și 2 zile estreouse en Romanía o 1 de xuño de 2007, no Festival Internacional de Cinema de Transilvania. Foi aclamada pola crítica, e salientouse o seu minimalismo e a súa intensa temática.

Gañou tres premios no Festival de Cannes 2007, incluíndo a Palma de Ouro. Tamén conseguiu outros premios, como o de mellor filme no Premios do Cinema Europeo e nos Premios Gopo romaneses. 4 luni, 3 săptămâni și 2 zile converteuse en obxecto de controversia sobre a censura, o debate sobre o aborto e a súa exclusión na 80ª edición dos Oscar, mais está considerado un dos mellores filmes da década de 2000.

Personaxes Anamaria Marinca como Otilia Mihartescu Laura Vasiliu como Gabriela 'Găbița' Dragut Vlad Ivanov como Mr. Viarel Bebe Alexandru Potocean como Adi Radu Luminița Gheorghiu como Gina Radu, nai de Adi Adi Cărăuleanu como Dr. Radu, pai de Adi Mădălina Ghițescu como Dora

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Romanía propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 80ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua romanesa Categoría:Filmes de Romanía Categoría:Filmes dirixidos por Cristian Mungiu Categoría:Filmes rodados en Bucarest Categoría:Filmes sobre o aborto Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro Categoría:Filmes ambientados en 1987 Categoría:Filmes ambientados en Romanía