Simon Frans Vroemen, nado o 11 de maio de 1969 na vila surholandesa de Delft, é un atleta holandés retirado especialista na modalidade de 3.000 metros obstáculos."Simon Vroemen ". En SR/Olympic Sports (en inglés)
Acadou o récord de Europa en Mónaco en 2002, con 8 minutos, 6 segundos e 91 centésimas, acadado en Mónaco. Ese mesmo ano gañou a medalla de prata no Campionato de Europa de Atletismo de Múnic, por detrás do campión, o español Antonio David Jiménez. En 2004, o atleta francés Bouabdellah Tahri igualou o seu mellor rexistro europeo.
Posteriormente, logo do Campionato do Mundo de Atletismo de 2005, Vroemen rexeitou a posibilidade de ocupar o papel de lebre no intento de acadar a mellor marca mundial para Saif Saaeed Shaheen no Memorial Van Damme de Bruxelas, para se centrar na súa carreira individual"Simon Vroemen". En Track and Field Statistics (en inglés). Deste xeito, acadou un novo récord europeo cunha marca de 8 minutos, 4 segundos e 95 centésimas."Simon Vroemen. Athele profile". En International Assocition of Athletics Federations (en inglés)
Logros deportivos 2000: Posto 12º nos Xogos Olímpicos de Sydney. 2002: Posto 2º no Campionato de Europa de Atletismo de Múnic. 2003: Posto 7º no Campionato do Mundo de Atletismo de París. 2004: Posto 6º nos Xogos Olímpicos de Atenas.Perfil de Simon Vroemen no sitio web oficial do Comité Olímpico Internacional (en inglés) 2005: Posto 5º no Campionato do Mundo de Atletismo de Helsinqui.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Simon Vroemen en Facebook
Categoría:Nados en Delft Categoría:Nados en 1969 Categoría:Atletas olímpicos dos Países Baixos Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2000 Categoría:Atletas nos Xogos Olímpicos de 2004