Adriaan Daniël Fokker, nado na vila de Buitenzorg, nas Indias Orientais Neerlandesas, o 17 de agosto de 1887 e finado en Beekbergen, na provincia neerlandesa de Güeldres, o 24 de setembro de 1972, foi un físico e músico dos Países Baixos."Adriaan Daniël Fokker ". En Huygens-Fokker Foundation. Centre for Microtonal Music (en inglés)

Traxectoria

No eido da Física miniatura|esquerda|Adriaan Fokker (na fronte, cuarto pola esquerda) en Leiden en 1926, cos seus compañeiros do laboratorio de Heike Kamerlingh Onnes. Fokker naceu nun territorio daquela de soberanía neerlandesa, aínda que hoxe recibe o nome de Bogor e pertence a Indonesia.

Era curmán do enxeñeiro aeronáutico Anthony Fokker, fundador da compañía Fokker de aviación. Estudou Enxeñaría de Minas na Universidade de Tecnoloxía de Delft e popsteriormente Física na Universidade de Leiden, co físico neerlandés gañador dun premio Nobel Hendrik Lorentz, onde acadou seu doutoramento en 1913. Na súa tese, dese mesmo ano, derivou o que a partir de entón se pasou a chamar "ecuación de Fokker-Planck", xuntamente con Max Planck.

Logo do seu período de formación universitaria, continuou as súas investigacións con Albert Einstein, Ernest Rutherford e William Bragg."Fokker, Adriaan Daniël (1887-1972)". En Biografisch Woordenboek van Nederland:1880-2000 (en neerlandés)

Fokker fixo diversas contribucións á relatividade especial e algunhas outras menos coñecidas á relatividade xeral, especialmente para a "precesión xeodésica", o fenómeno de precesión dun xiroscopio de caída libre nun campo gravitatorio.Eisenstaedt, Jean; Kox, Anne J. Studies in the History of General Relativity. Boston. Birkhäuser, 1988. Páxina 42 [ISBN 978-0-8176-3479-7] (en inglés)

No eido da Musicoloxía miniatura|esquerda|Reprodución esquemática do teclado do órgano de Fokker Na súa faceta de compositor musical e musicólogo, Fokker deseñou e mesmo construíu unha serie de instrumentos de teclado capaces de reproducir escalas microtonais a través dun teclado xeneralizado. O máis coñecido destes instrumentos é un órgano de 31 intervalos iguais ben temperado, coñecido comunmente como órgano Fokker, que foi instalado inicialmente no Museo Teyler de Haarlem in 1951 e posteriormente trasladado á sala de concertos Muziekgebouw aan 't IJ de Ámsterdam, onde se utiliza con regularidade para interpretacións abertas ao públcio."Fokker Organ. History". En En Huygens-Fokker Foundation. Centre for Microtonal Music (en inglés) Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Transcrición dunha entrevista a Adriaan Fokker por John L. Helibron en Beekbergen, o 1 de abril de 1963 (en inglés) "The Fokker organ ". En Bibliolore. The Rilm Blog (en inglés) Vídeo dunha interpretación co órgano de Fokker

Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1972 Categoría:Alumnos da Universidade de Tecnoloxía de Delft Categoría:Alumnos da Universidade de Leiden Categoría:Físicos dos Países Baixos Categoría:Científicos dos Países Baixos