O aeroporto internacional de Timișoara-Traian Vuia é un aeroporto que serve a Timișoara, Romanía. Está situado na rexión histórica de Banat e foi bautizado na honra de Traian Vuia, un pioneiro da aviación romanés nativo do condado de Timiș. É o terceiro aeroporto máis concorrido do país en termos de tráfico aéreo, é o principal centro de conexións por aire do oeste de Romanía e da eurorrexión Danubio-Criș-Mureș-Tisa. O aeroporto serve como base para Wizz Air e Ryanair, e está considerado un aeroporto de apoio para os de Bucarest (OTP), Budapest (BUD) e Belgrado (BEG). Dende o ano 2017 Timișoara é o único aeroporto de Romanía certificado pola Axencia Europea de Seguridade Aérea.

Aeroliñas e destinos Pasaxeiros

Carga

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto

Timișoara