A Gran Sinagoga de París (en francés: Grande synagogue de Paris) xeralmente coñecida como "sinagoga da Vitoria" ou "Gran Sinagoga da Vitoria" está situada no 44, Rue de la Victoire, no distrito 9 da cidade de París, capital de Francia.
O arquitecto que a deseñou foi Alfred-Philibert Aldrophe (1834-1895) quen tamén construíu a sinagoga de Versalles e a de Enghien-les-Bains. A súa construción comezou en 1867 e a sinagoga foi inaugurada en 1874. Abriuse ao público en 1874, construída no estilo clásico, pero adornada con motivos bizantinos.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Xudeus Sinagoga Tora
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Arquitectura relixiosa en París Categoría:Sinagogas de Francia Categoría:Xudaísmo en Francia