Eva García Sáenz de Urturi, nada en Vitoria (Áraba) en 1972, é unha novelista vasca en lingua castelá.

Traxectoria Con 15 anos foi vivir a Alacant. Estudou óptica e optometría na Universidade de Alacant, e despois pasou a traballar como docente nesa institución como técnica de biblioteca

En 2012, logo de enviar sen éxito o texto a diversas editoriais, publicou con Amazon a súa primeira novela, La saga de los longevos. En 2014 publicou Los hijos de Adán e Pasaje a Tahití. Con elas, converteuse nun fenómeno de vendas e foi traducida ao inglés.

En 2016, publicou El silencio de la ciudad blanca, novela negra ambientada na súa cidade natal coa que comezou a triloxía La ciudad blanca. Para ambientarse no proxecto contactou cunha academia de policía, onde fixo dous cursos de inspección técnica ocular e revelado de pegadas. Segundo comentou, "O peor foi a inspección técnica ocular, pois tes que ver moitas fotos de crimes e foron dous meses moi intensos e técnicos, pero serviume para facer a novela máis verosímil e para escribir algo que non revolvese o estómago do espectador, quería unha historia que non salpicase sangue, máis elegante". A triloxía foi un enorme éxito editorial, conseguindo máis dun millón de lectores; tamén foi traducida a quince idiomas e foi adaptada cinematograficamente por A3Media Cine.

No ano 2020, gañou a 69ª edición do Premio Planeta coa súa novela do xénero histórico, Aquitania.

Obra 2012, La saga de los longevos: la vieja familia (Saga de Los Longevos 1) 2014, Los hijos de Adán (Saga de Los Longevos 2) 2014, Pasaje a Tahití 2016, El silencio de la ciudad blanca (Triloxía La Ciudad Blanca 1) 2017, Los ritos del agua (Triloxía La Ciudad Blanca 2) 2018, Los señores del tiempo (Triloxía La ciudad Blanca 3) 2020, Aquitania

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas www.evagarciasaenz.com páxina web oficial.

Categoría:Nados en Vitoria Categoría:Nados en 1972 Categoría:Escritores do País Vasco Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade de Alacant