miniatura|300px|Rías Baixas. Fariña é un libro escrito polo xornalista Nacho Carretero, publicado en setembro de 2015 pola editorial Libros del K.O. Até marzo de 2018 vendera 30 000 exemplares en 10 edicións. Nese mes ordenouse o cesamento da súa comercialización. A partir do libro fíxose unha serie de televisión tamén co nome de Fariña, amais dunha novela gráfica debuxada por Luís Bustos e unha obra de teatro dirixida por Tito Asorey. Foi traducido ao galego e ao portugués.

Descrición

Fariña é o nome co que se coñece coloquialmente a cocaína e por extensión tódalas drogas en po en Galiza. O libro está estruturado en doce capítulos, e narra o narcotráfico en Galiza, desde os comezos do contrabando na costa da Morte e A Raia até a actualidade, con especial atención á década de 1980, cando do contrabando de tabaco se pasou ao tráfico de haxix e cocaína nas rías Baixas.

Causas legais O exalcalde do Grove Alfredo Bea Gondar denunciou en xaneiro de 2016 o autor e a editorial acusándoos de inxurias e calumnias, e pediu a aplicación do artigo 738.1 da Lei de Procesamento Civil. A xuíza Alejandra Fontana do xulgado de instrución número 7 de Collado Villalba ordenou o 5 de marzo de 2018 o secuestro do libro Fariña, tamén en soporte dixital, despois de facer un depósito de 10 mil euros o demandante."La juez ejecuta el secuestro de ‘Fariña’, el libro sobre los ‘narcos’ gallegos", El País, 5 de marzo de 2018 . O exalcalde do Grove aparece citado en tres liñas do libro. O 22 de xuño de 2018 a Audiencia Provincial de Madrid levantou o secuestro do libro"La justicia levanta el secuestro del libro ‘Fariña’", La Vanguardia, 22 de xuño de 2018 . En xullo foi rexeitada a acusación, e Bea Gondar foi condenado a pagar os custos do xuízo. O autor foi absolto ao considerar finalmente a xuíza que o contido do libro era veraz, froito dunha "importante labor de investigación", e que non se vulnerara o dereito á honra do exalcalde.

Entrementres, o Gremio de Librerías de Madrid puxo unha ferramenta dixital que permitía ler Fariña a través da obra Don Quixote, mais o 23 de marzo o xulgado 7 de Collado-Villalba ordenou o peche da páxina web.

En xuño de 2020 Bea Gondar foi condenado a indemnizar a Nacho Carretero con máis de 3000 € e á editorial do libro con máis de 13000 €, polos danos e perdas ocasionados polo secuestro xudicial do libro.

Edicións O libro foi editado en capa branda con lapelas, cunha faixa despregable con mapas, diagramas e citas. A portada, deseñada por Artur Galocha, representa un fardo de cocaína aberto"Vouvos contar como foi o proceso de creación da capa de #Fariña", fío de chíos de Artur Galocha en Twitter, 4 de marzo de 2018.. Ao final do texto inclúe mapas coa distribución dos clans, un índice onomástico de persoas, clans e operacións, bibliografía e agradecementos. No inicio inclúe unha cita de Dwight D. Eisenhower sobre a liberación de Auschwitz:

A obra foi traducida ao galego por Xosé Manuel Moo Pedrosa, e publicada por Edicións Xerais de Galicia. Na portada emprega a imaxe dos personaxes da serie de televisión, cunha foto de Jaime Olmedo."'Fariña', o 'best seller' sobre o narcotráfico, en galego" , Sermos Galiza, 15 de xaneiro de 2018. Non obstante, a edición non chegou a ser distribuída ata finais de xuño, cando Xerais anunciou a posta á venda da edición en galego despois da autorización xudicial."A vindeira semana, 'Fariña' en galego" , Sermos Galiza, 22 de xuño de 2018. O texto foi tamén traducido ao portugués e publicado pola editorial Desassossego en xuño de 2018.Farinha, ficha do libro na web da editorial .

Notas

Véxase tamén Outros artigos Efecto Streisand Narcos Todo é silencio

Ligazóns externas

Categoría:Obras literarias de 2015 Categoría:Novelas ambientadas en Galicia Categoría:Obras literarias en castelán Categoría:Obras traducidas do castelán ao galego