TAP Express é unha aeroliña rexional portuguesa fundada no ano 2016. Pertence a TAP Air Portugal e opera voos de curto e medio alcance. A compañía rexional Portugália Airlines, propiedade de TAP, opera os avións da familia Embraer da marca TAP Express. E á súa vez, White Airways, unha aeroliña propiedade de Omni Aviation, opera a súa frota de avóns ATR 72. A súa sede atópase no Aeroporto de Lisboa.
TAP Express voa diariamente aos aeroportos de Vigo e da Coruña dende Lisboa utilizando avións ATR 72 de 70 asentos.
Historia O día 14 de xaneiro de 2016 TAP Air Portugal anunciou que Portugália Airlines, a súa subsidiaria rexional, sería rebautizada como TAP Express o 27 de marzo dese ano como parte das medidas de reestruturación do grupo. No mesmo día, TAP Portugal tamén anunciou que toda a frota de Portugália, composta por avións Fokker 100 e Embraer ERJ-145, sería substituída en xullo de 2016 por novas aeronaves Embraer 190 e ATR 72-600 (estes último operado por White Airways), que recibirían unha librea semellante á de TAP Portugal.
Todos os avións da frota de TAP Express están bautizados con nomes de distritos e rexións portuguesas.
Frota miniatura|250px|ATR 72 aterrando no aeroporto de Vigo miniatura|250px|Embraer 190 no aeroporto do Porto En outubro de 2017 a frota de TAP Express estaba formada polos seguintes avións:
+ Frota de TAP ExpressAviónEn servizo PedidosPasaxeirosNotas C Y TotalATR 72-6008——7070operados por White AirwaysEmbraer 190LR9——110110operados por Portugália AirlinesEmbraer 1954——120120operados por Portugália AirlinesTotal22—
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña
Categoría:Aeroliñas de Portugal