María Asunción Rodríguez Rodríguez, máis coñecida como Asunta Rodríguez, nada en Sober en 1965, é unha galerista galega especialista en arte moderna. Dende 2016, é membro da Real Academia Galega de Belas Artes como membro numerario na sección de expertos en artes e da Sección de Creación e Artes Visuais do Consello da Cultura Galega.Consello da Cultura Galega
Traxectoria Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en arte moderna. Foi colaboradora da Enciclopedia Galega Universal e traballou como crítica de arte para un xornal local. No ano 1988, empezou a traballar como asistente do director da galería Trinta de Santiago de Compostela, que en 1993 acabou adquirindo cun socio.
Asunta Rodríguez con Trinta acudiu de maneira interrompida á feira de arte contemporánea Arco de Madrid até 2008 facilitando o achegamento da arte contemporánea e o recoñecemento de artistas galegos en espazos internacionais. En Arco 1995, cunha caseta dedicada a Antonio Murado e Manolo Paz recibiu o premio á mellor galería española por parte da Asociación de Críticos de Arte. No ano 2000 formou parte do comité organizador.
Notas
Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados en Sober Categoría:Feministas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes