miniatura|Bonnefantenmuseum, en Maastricht (Países Baixos), 1992-95.

Aldo Rossi, nado en Milán o 3 de maio de 1931 e finado na mesma cidade o 4 de setembro de 1997, foi un arquitecto e teórico italiano.

Traxectoria Foi coñecido por usar formas puras: cubos, esferas, conos etc. Os seus principais libros foron: "Arquitectura da cidade" e "Autobiografía científica". O derradeiro escribiuno practicamente nun hospital logo de pasar varios meses nel debido a un accidente. Para referirse a unha especie de construción, creou o termo "Genius Locci".

Obras 1965 Monumento aos partisanos, en Segrate, Italia. 1968–1973 Bloque de vivendas Gallaterese, en Milán. 1971 Cemiterio de San Cataldo en Módena. En colaboración co arquitecto Gianni Braghieri. Primeiro premio do concurso. Construído en 1980. 1979 Teatro del Mondo, en Venecia. 1986 Palazzo Hotel en Fukuoka, Xapón. 1988 Deutsches Historisches Museum (Museo Histórico Alemán) Berlín (non construído). 1992–1995 Bonnefantenmuseum en Maastricht, Países Baixos. 1997–2000 Casa do Cirque de Soleil, Berlín.

Premios Premio Pritzker (1990).

Véxase tamén Ligazóns externas Aldo Rossi en prizkerprize.com (páxina web official do Premio Prizker) . Biografía e proxectos en soloarquitectura.com .

Categoría:Arquitectos de Italia do século XX Categoría:Premio Pritzker Categoría:Nados en 1931 Categoría:Nados en Milán Categoría:Finados en 1997 Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Milán