miniatura|O nome de Echmarcach aparece no manuscrito os Anais de Ulster (s. XVI). Echmarcach mac Ragnaill, finado en 1065, foi un caudillo hiberno-nórdico, Señor das Illas e monarca viquingo do reino de Dublín e gran parte de Galloway.
Traxectoria Segundo Seán Duffy era neto ou bisneto de Ivar de WaterfordDuffy, Seán, "Irishmen and Islesmen in the Kingdom of Dublin and Man 1052-1171", in Ériu 43 (1992): 96.. Benjamin Hudson, no entanto, vincula a Echmarcach como neto de Gofraid mac Arailt de Mann. De todas forma ambas as opinións son conxecturas xa que non sobreviviu moito rexistro histórico e por tanto existe pouca información.
A vida de Echmarcach estivo marcada de triunfos e derrotas. En 1036 logrou o trono de Dublín con axuda de Donnchad mac Briain, rei de Munster, posible irmán de Cacht ingen Ragnaill con quen Echmarcach casou en 1032; así como Donnchad mac Gilla Pátraic, rei de Osraige e Leinster, posíbel primo irmán. Foi expulsado por Ivar III Haraldsson (Imar mac Arailt) en 1038, pero recuperou o poder en 1046 cando xa era soberano absoluto de todas as illas do mar de Irlanda: Man, as Hébridas e polo menos Rhins of Galloway. Echmarcach volveu ser expulsado de Dublín en 1052 e da Illa de Man en 1061 por Murchad mac Diarmata. Clare Downham suxire que Echmarcach foi rival de Suibne mac Cináeda, anterior monarca de Rhinns.Downham, Clare, Viking Kings of Britain and Ireland: The Dynasty of Ívarr to A.D. 1014., Edimburgo, 2007. p. 171. centro|miniatura|650px|Presunta descendencia de Ragnaill. Pedigree 1 corresponde aos descendentes directos de Echmarcach. Pedigree 2 corresponde a unha posíbel irmá (Cacht ingen Ragnaill). Ambos os cadros vinculan aos hiberno-nórdicos coa dinastía Uí Briain. Os Pedigrees 3-5 corresponde a un posible irmán (Amlaíb), e dous sobriños (Gofraid e Sitric), e probablemente outros fillos ou sobriños (mortos en 1087). É bastante probábel que Echmarcach sexa Iehmarc, un do tres reis do noroeste (outro era Malcolm II de Escocia), quen segundo a crónica anglosaxoa era vasalo de Canoto o Grande, rei viquingo de Dinamarca e Inglaterra.Charles-Edwards, T. M.: Wales and the Britons, 350-1064, Oxford University Press, 2013, ISBN 0198217315 p. 574.
Heimskringla menciona que Echmarcach devastou Bretland (Gales) con axuda do seu amigo e guerreiro viquingo Guttorm Gunnhildsson. Con todo, comezaron as desavinzas pola repartición do botín e enfrontáronse en batalla naval no estreito de Menai. Guttorm gañou a batalla tras orar a Olavo II o Santo e Echmarcach presuntamente morreu en combate.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Hudson, Benjamin. Viking Pirates and Christian Princes: Dynasty, Religion and Empire in the North Atlantic, Oxford: Oxford University Press. Woolf, Alex. The New Edinburgh History of Scotland, Edinburgh: Edinburgh University Press. Sturluson, Snorri. Heimskringla: History of the Kings of Norway, trad. Le M. Hollander. Reprinted University of Texas Press, Austin, 1992. ISBN 0-292-73061-6. Outros artigos Reino de Rhinns
Categoría:Finados en 1065 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Reis de Dublín