Virginia Gutiérrez de Pineda, nada en Socorro (Santander) o 4 de novembro de 1921 e finada en Bogotá o 2 de setembro de 1999, foi unha antropóloga colombiana pioneira nos traballos sobre familia no seu país e antropoloxía médica. O 7 de decembro do 2016, o Banco da República inclúe o seu rostro na nova familia de billetes de 10 mil pesos homenaxeando o seu labor.

Traxectoria Educouse no Instituto Pedagóxico Nacional, na Escola Normal Superior e no Instituto Etnolóxico Nacional, entidade onde obtivo o seu grao de antropóloga en 1944. Viaxou a estudar na Universidade de California, en Berkeley, onde obtivo un máster en Antropoloxía Social e Médica (1953-1954). En 1962 culminou os seus estudos na Universidade Pedagóxica Nacional, doutorándose en Ciencias Sociais e Económicas. Foi elixida en 1967 como a muller do ano en Colombia, obtivo o premio Alejandro Ángel Escobar, a medalla Camilo Torres (1963), a medalla ó mérito do congreso interamericano de familia (1983), en dúas ocasións foi bolseira da fundación Guggenheim.Medellin Becerra, Jorge Alejandro; Fajardo Rivera, Diana. Gutierrez de Pineda, Virginia, Diccionario de Colombia (2005 edición). p. 474. ISBN 958-04-8561-5 No 2015, en honra ós seus méritos o Banco da República escolleu a súa imaxe para aparecer no billete de $10.000 pesos que iniciou a súa circulación no ano 2016.

Obras Familia y cultura en Colombia, (1963) Causas culturales de la mortalidad infantil La medicina popular en Colombia Razones de un arraigo,(1961) Organización social en la Guajira La familia en Colombia: estudio antropológico, (1962). La medicina popular en Colombia: razones de su arraigo, (1964). Estructura, función y cambio de la familia en Colombia, (1976).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Biblioteca Virtual-Biblioteca Luis Ángel Arango Virajes Universidad de Caldas Credencial Historia, Biblioteca Virtual-Biblioteca Luis Ángel Arango

Categoría:Médicos de Colombia Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 1999 Categoría:Alumnos da Universidade de California, Berkeley Categoría:Nados en Colombia