Betty Williams, nada en Belfast o 22 de maio de 1943 e finada na mesma cidade o 17 de marzo de 2020, foi unha militante pacifista norteirlandesa a favor dos dereitos dos nenos e das mulleres, galardoada co Premio Nobel da Paz en 1976 polo seu labor como cofundadora de Community of Peace People, organización dedicada a promover unha resolución pacífica ao conflito norteirlandés.
Williams dirixiu a Global Children's Foundation e foi presidenta do World Centre of Compassion for Children International. Foi tamén líder do Institute for Asian Democracy in Washington, D.C. e profesora visitante na Nova Southeastern University. Deu conferencias sobre temas relacionados coa paz, a educación, o entendemento entre culturas e entre fes, o antiextremismo e os dereitos da infancia.
Williams foi membro fundadora do Nobel Laureate Summit, que ten lugar anualmente dende 2000.
En 2006, Williams fundou a Nobel Women's Initiative xunto coas tamén gañadoras do Nobel da Paz Mairead Corrigan Maguire, Shirin Ebadi, Wangari Maathai, Jody Williams e Rigoberta Menchú Tum. Estas seis mulleres, que representan diferentes continentes, xuntaron as súas experiencias nun esforzo común pola paz coa xustiza e a igualdade. O obxectivo da Nobel Women's Initiative é axudar a fortalecer o traballo de apoio aos dereitos das mulleres en todo o mundo. Williams tamén foi membro de PeaceJam.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Nobel Committee information on 1976 Peace Laureates Peace People in NI – a socialist position
Categoría:Nados en Belfast Categoría:Nados en 1943 Categoría:Finados en 2020 Categoría:Premio Nobel da Paz Categoría:Activistas de Irlanda