Irina Petrovna Beletskaya, nada en San Petersburgo o 10 de marzo de 1933, é unha química rusa, especialista en organometalicidade.

Traxectoria Graduouse na Universidade Estatal de Moscova en 1955. É coñecida polos seus traballos en mecanismos de reacción en hidrocarburos aromáticos, e en acidez e reactividade de carbanións, combina o seu estudo en química organometálica coas súas aplicacións, en particular a problemas de química orgánica.

Desenvolveu métodos de formación de ligazóns carbono-carbono usando catalizadores de paladio ou níquel, e traballado o tema en medios acuosos, así como contribuído ós comezos da química de organolantánidos.

Foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade de Alacant.

Notas

Categoría:Nados en 1933 Categoría:Nados en San Petersburgo Categoría:Químicos de Rusia Categoría:Inventores de Rusia