The Shape of Water é un filme estadounidense de 2017 dirixido por Guillermo del Toro e escrito por Toro e Vanessa Taylor. Está protagonizado por Sally Hawkins, Michael Shannon, Richard Jenkins, Doug Jones, Michael Stuhlbarg e Octavia Spencer. Está ambientada en Baltimore en 1962, e conta a historia dunha limpadora muda que traballa nun laboratorio de alta seguridade do goberno que se namora dunha criatura anfibia de aparencia humana.

The Shape of Water foi estreada na competición principal do Festival Internacional de Cine de Venecia o 31 de agosto de 2017, e foi premiado co León de Ouro. Tamén foi estreado no Festival Internacional de Cinema de Toronto. Comezou cunha estrea limitada en dous cines de Nova York o 1 de decembro de 2017, antes da estrea en todo o país o 8 de decembro de 2017. Obtivo unha recadación de $148 millóns en todo o mundo. A partir do filme, del Toro e Daniel Kraus crearon unha novela que foi publicada o 6 de marzo de 2018.

The Shape of Water recibiu a aclamación da crítica polas interpretacións, o guión, a dirección, os efectos visuais, o deseño de produción e a banda sonora, sendo considerado o mellor traballo de del Toro dende El laberinto del fauno; a American Film Institute escolleuno como un dos 10 mellores filmes do ano. Recibiu un bo número de premios e nomeamentos, incluíndo trece nomeamentos na 90ª edición dos Oscar, onde gañou o Óscar ó mellor filme (o primeiro filme de fantasía dende The Lord of the Rings: The Return of the King en gañar nesta categoría), mellor director, mellor banda sonora e mellor deseño de produción. Foi nomeado a sete premios nos Globos de Ouro, gañando o de mellor director e mellor banda sonora. Nos BAFTA, tivo doce nomeamentos e gañou tres premios, incluíndo o de mellor director. Tamén obtivo catorce nomeamentos nos Critics' Choice Awards gañando catro deles.

Personaxes Sally Hawkins como Elisa Esposito Michael Shannon como Coronel Richard Strickland Richard Jenkins como Giles Octavia Spencer como Zelda Delilah Fuller Michael Stuhlbarg como Dimitri Mosenkov Doug Jones como "Amphibian Man" David Hewlett como Fleming Nick Searcy como Xeneral Frank Hoyt Stewart Arnott como Bernard Nigel Bennett como Mihalkov Lauren Lee Smith como Elaine Strickland Martin Roach como Brewster Fuller Allegra Fulton como Yolanda John Kapelos como Mr. Arzoumanian Morgan Kelly como Pie Guy

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua de sinais americana Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Guillermo del Toro Categoría:Filmes con banda sonora de Alexandre Desplat Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes gañadores do León de Ouro Categoría:Filmes sobre discapacidades Categoría:Filmes sobre a Guerra Fría Categoría:Filmes sobre orfos Categoría:Filmes sobre racismo Categoría:Filmes ambientados en 1962 Categoría:Filmes rodados en Hamilton, Ontario Categoría:Filmes rodados en Toronto Categoría:Filmes de Fox Searchlight Pictures