Lorena Miranda Dorado, nada o 7 de abril de 1991 en Ceuta, é unha xogadora española de wáter-polo do Club Waterpolo Dos Hermanas en Dos Hermanas (Sevilla). Anteriormente, formou parte do equipo do Club Natación Ondarreta Alcorcón, tendo as súas orixes no Club Natación Caballa de Ceuta.
Traxectoria Participou nos Xogos Olímpicos de Londres de 2012 co equipo nacional do seu país, acadando a medalla de prata, despois de vencer nas semifinais a Hungría por un marcador de 9-10 e perder na final contra os Estados Unidos (8-5).
Tamén participou no Campionato do Mundo de Wáter-polo en 2013 coa selección feminina, obtendo a medalla de ouro após gañar a Australia.
Palmarés deportivo Selección española Medalla de ouro no Campionato do Mundo Júnior de Wáter-polo ( Trieste 2011) Medalla de ouro no Preolímpico de Trieste (2012) Medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Londres (2012) Medalla de ouro no Campionato do Mundo de Wáter-polo (Barcelona - 2013) Medalla de ouro no Campionato do Mundo de Wáter-polo (Budapest - 2014)
Distincións 19x19px Medalla de Bronce da Real Orde do Mérito Deportivo, outorgada polo Consello Superior de Deportes (2013). 19x19px Medalla de Prata da Real Orde do Mérito Deportivo, outorgada polo Consello Superior de Deportes (2014).
Notas
Categoría:Xogadores de wáter-polo olímpicos de España Categoría:Nados en Ceuta Categoría:Nados en 1991 Categoría:Medallistas olímpicos de prata por España Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Xogadores de wáter-polo nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Medallistas olímpicos en wáter-polo