Vanguard 3 foi un satélite artificial dos Estados Unidos lanzado nun foguete Vanguard desde o Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral o 18 de setembro de 1959.

Características Vanguard 3 foi lanzado para facer medicións da magnetosfera terrestre, dos raios X solares e os seus efectos na atmosfera terrestre, estudar a contorna de micrometeoritos cerca da Terra e medir o arrastre causado pola atmosfera superior. A instrumentación de a bordo incluía un magnetómetro de protóns, unha cámara de ionización para raios X, transmisores de radio e detectores de micrometeoritos. Cos datos obtívose unha imaxe máis completa da contorna espacial terrestre e definiuse mellor a parte inferior dos cintos de radiación.

O satélite estabilizábase mediante xiro e funcionou alimentado por baterías ata que se esgotaron tras 85 días en órbita. Despois diso o satélite foi seguido opticamente para estudar o efecto do arrastre da atmosfera na súa órbita. Tiña forma de esfera de 42,9 kg de masa e 50,8 cm de diámetro da que sobresaía un mastro cónico de 66 cm de longo. O interior da esfera estaba presurizado e contiña a instrumentación, incluída a electrónica de comunicación e dos experimentos. Tamén contiña unha cinta grabadora de datos para transmitilos ao pasar sobre unha estación de seguimento. Do corpo do satélite sobresaían catro antenas a intervalos de 90 graos e no seu exterior tamén se atopaba unha célula solar de sulfuro de cadmio, cerca do ecuador da esfera. O magnetómetro ía no extremo do mastro.

Dada a súa órbita, Vanguard 3 permanecerá no espazo uns 300 anos antes da súa reentrada na atmosfera terrestre.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Vanguard Vanguard 1 Vanguard 2

Categoría:Satélites artificiais