Eugamón ou Eugamón de Cirene foi un poeta épico grego da época arcaica a quen se lle atribúe a Telegonía.

Traxectoria Segundo Clemente de Alexandría no seu Stromata, rouboulle o poema titulado Tesprócida ou Tesprotis ao lendario poeta Museo, o que significa, no seu caso, que unha versión da épica tradicional longamente existente sería escrita por Eugamón. Sábese que estivo activo entre -568/ -566 e foi contemporáneo de Pisístrato e AristeasEusebio de Cesarea. Crónica, "Olimpiad", 53.2.Clemente de Alexandría. Stromata, 6.25.2.. Notas

Véxase tamén Bibliografía Greek Epic Fragments, editado e traducido por Martin L. West, Loeb Classical Library, Harvard University Press, Cambridge/London, 2003. Outros artigos Ciclo troiano.

Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Nados no século -VI Categoría:Poetas de Grecia Categoría:Escritores da literatura clásica Categoría:Personalidades da Grecia antiga Categoría:Épica