O Principiño (en ) é unha novela, a obra máis famosa do aristócrata, escritor, poeta e aviador francés Antoine de Saint-Exupéry, publicada por primeira vez en abril de 1943. A novela foi votada como o mellor libro do século XX en Francia. Traducida a 300 linguas e dialectos,Shattuck, Kathryn (2005) A Prince Eternal, The New York Times, 3 de abril de 2005.Mun-Delsalle, Y-Jean (2011) Guardians of the Future, The Peak Magazine, marzo de 2011, pg. 63. vendendo preto de dous millóns de copias anualmente, e con máis de 140 millóns de copias vendidas en todo o mundo,Miller, Jennifer. Why "The Little Prince" Is Actually A New York Classic, Fast Company. Consultado en FastCoCreate.com o 2 de febreiro de 2014. converteuse nun dos libros máis vendidos e máis traducidos xamais publicados.Adamson, Thomas. Little Prince Discovery Offers New Insight Into Classic Book, Associated Press via TimesTribune.com, 3 de maio de 2012. Consultado o 6 de xaneiro de 2013. Bell, Susan (2008) "I Shot French Literary Hero Out Of The Sky", The Scotsman. Johnston Press Digital Publishing. 17 de marzo de 2008. Consultado o 4 de agosto de 2009.Van Gelder, Lawrence (2000) Footlights: Celestial Traveller, The New York Times, 9 de maio de 2000.Goding, Stowell C. (1972) "Le Petit Prince de Saint-Exupéry by George Borglum" (review), The French Review, American Association of Teachers of French, outubro de 1972, Vol. 46, No. 1, pp. 244–245. Consultado o 26 de outubro de 2011 (subscription).
Co estoupido da segunda guerra mundial, Saint-Exupéry escapou a América do Norte. Malia os seus trastornos persoais e a súa mala saúde, alí produciu case a metade dos escritos polos cales é lembrado, incluído esta historia de soidade, amizade, amor e perda que conta as aventuras dun pequeno príncipe que visita a Terra. Unha memoria anterior escrita polo autor contas as súas experiencias de aviación no deserto do Sáhara, e crese que se baseou nesas mesmas experiencias para escribir O Principiño.
Dende a súa publicación, a novela foi adaptada a numerosos medios e formatos, incluíndo gravacións de son, obras de radio, obras de teatro, filmes, series de televisión, ballets e óperas. Malia que é considerado unha obra de literatura infantil, O Principiño fai varias observacións sobre a vida e a natureza humana.Gopnik, Adam. The Strange Triumph of "The Little Prince", The New Yorker, 29 de abril de 2014. Consultado o 5 de maio de 2014.
Foi traducida ó galego por Carlos Casares e publicada pola Editorial Galaxia en 1972. No ano 2005, foi publicado de novo cunha nova versión do mesmo tradutor dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais. Rodrigo Vizcaíno traduciu ó galego a novela no ano 2015, que foi publicada por Urco Editora. Existe así mesmo unha adaptación para lectura fácil, feita por Javier Alcázar e traducida do castelán ao galego por Laura Castro Lorenzo, publicada en 2019 por Adapta Editorial.Ficha da obra na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Historia O narrador é un aviador que durante un voo ten unha avaría no motor. Para arranxalo párase no deserto do Sáhara. Para el é unha cuestión de vida ou morte.
Á mañanciña do seguinte día o aviador é sorprendido por unha pequena voz que lle demandaba “Por favor... píntame un año!”. Despois da sorpresa do aviador ante a presenza do rapaciño, o aviador debuxou o que sabía, unha boa cun elefante dentro, debuxo que sempre fora interpretado como un sombreiro. O Principiño insistía en quería un año e o aviador tentouno debuxar varias veces, pero estes debuxos eran rexeitados polo príncipe ata que lle debuxou unha caixa e lle dixo que dentro dela estaba o año. O Principiño deuse por satisfeito.
Tralas conversacións entre os dous, o aviador logrou saber algo do pequeno príncipe. O Principiño vivía nun asteroide, o B612, pouco máis grande cunha casa, que ten tres volcáns (dous activos, e un inactivo) e unha rosa. Pasaba os seus días coidando do seu asteroide, removendo as árbores baobabs para que non botaran raíces. De permitirlles medrar, as árbores partirían o seu asteroide en pedazos. O Principiño abandona o asteroide un día para coñecer o resto do universo e visita outros planetas, cada un dos cales se encontra habitado por un adulto que, á súa maneira, demostra o parvos que son a maioría das persoas cando se volven “maiores”:
O Rei, quen cre "controlar" as estrelas ordenándolles cousas que farían de todos modos. O Vaidoso, quen pensa que todos son admiradores seus, pero vive só no seu asteroide. Todo o que non sexa un cumprido el non o escoita. O Bebedor, quen bebe para esquecer que se avergoña de beber. O Home de Negocios, quen está sempre recontando as estrelas que el pensa que son súas. Quéreas para ser rico e mercar máis estrelas. O Principiño retrucoulle que se el non é útil para as estrelas non podería posuílas, ó contrario ca el, que era útil para o seu asteroide, xa que ten unha flor que rega todos os días, e catro volcáns que limpa de charrizo. O Faroleiro, quen vive nun asteroide que xira unha vez nun minuto. Hai moito tempo que lle fora encargada a consigna de acender o farol de noite e apagalo de día. Por aquel entón, o asteroide rotaba a unha velocidade razoábel e tiña tempo para descansar. Co tempo, a rotación acelerouse e, negándose a abandonar o seu oficio, o faroleiro acende e apaga o farol unha vez por minuto, non podendo descansar nunca. Para o Principiño , este é o único dos que visitou que non lle pareceu ridículo, se cadra porque se preocupa máis doutra cousa que de si mesmo. O Xeógrafo, quen pasa todo o tempo debuxando mapas, mais endexamais deixou o seu escritorio para explorar.
Soamente por interese profesional, o xeógrafo solicita ó príncipe que describa o asteroide de seu. O príncipe describe os volcáns e a rosa. O xeógrafo decide non tomar nota da rosa, argumentando que as flores son efémeras. O príncipe queda conmocionado ó saber que a súa rosa desaparecerá algún día. O xeógrafo recoméndalle visitar a Terra, xa que ten unha boa reputación.
Unha vez na Terra, o Principiño encontra todo un xardín cheo de rosas, o que lle fai sentir moi desgrazado porque a súa rosa lle dixera que era única no universo. Máis tarde coñece e domestica un raposo, que lle explica ó príncipe que a súa rosa é única e especial porque é a que el ama.
Despois disto é cando se encontra co aviador no medio do deserto.
No deserto o Principiño coñece a unha serpe que ten o poder de devolvelo ó seu asteroide. Despois de pensalo, o Principiño despídese emotivamente do narrador e deixa que a serpe o trabe. O Principiño ficou inmóbil por un intre e despois caeu a modiño, coma unha árbore. Cando o aviador procura o seu corpo ó día seguinte, este xa non estaba.
Dedicatoria Saint-Exupéry dedicou o libro ó seu mellor amigo, León Werth, e despois corrixe a dedicatoria e dedícallo a León Werth cando era neno, xa que todas as persoas maiores foron nenos antes, aínda que poucas se lembren.
Astronomía Un asteroide : 46610 Bésixdouze foi nomeado en honra ó planeta de orixe do Principiño. Ademais, o asteroide 2578 Saint-Exupéry foi nomeado en honra ó autor d’O Principiño .
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Biblioteca Galega de Clásicos Universais Bibliografía
Saint-Exupéry, Consuelo de; Allen, Esther; Allen, Esther (trans). The Tale of the Rose: The Love Story Behind The Little Prince, Nova York: Random House Publishing Group, 2000 & 2003, .
Heuré, Gilles. L'insoumis: Léon Werth, 1878–1955, París: éditions Viviane Hamy, 2006, Schiff, Stacy (1994) Saint-Exupéry: A Biography, (1994) Pimlico; (1996) Da Capo; (2006) Henry Holt, Severson, Marilyn S. "Masterpieces of French Literature: Greenwood Introduces Literary Masterpieces", Greenwood Publishing Group, 2004, . Webster, Paul. Antoine de Saint-Exupéry: The Life And Death Of The Little Prince, Londres: Pan Macmillan, 1993, .
Ligazóns externas Páxina oficial O Principiño en 233 linguas Mostra "O principiño ao redor do mundo. A colección de Carlos Casares" Universidade de Vigo TV, 20/9/2016.
Categoría:Obras literarias de 1943 Categoría:Obras literarias en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego Categoría:Novelas ambientadas en África