José Bóveda Formigo, coñecido como Pepe Bóveda, nado en Ventosela (Ribadavia) cara a 1912 e finado na mesma parroquia o 16 de xullo de 2007, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria Durante a Segunda República foi un dos fundadores da Sociedad de Agricultores de Valdepereira, adscrita á CNT do Ribeiro.Valdepereira: agrarismo e anarquismo no Ribeiro Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia asaltando a casa cuartel da Garda Civil de Ribadavia e foi detido. Xulgado en Ourense por rebelión militar foi condenado a cadea perpetua. Trasladado o 26 de xuño de 1937 á prisión do Forte de San Cristovo de Pamplona, participou na fuga do 22 de maio de 1938, xunto con outros 1 085 presos; pero foi detido. Foi condenado a 17 anos máis de cadea. Revisada a súa condena, saíu á rúa en setembro de 1945 e regresou a Ribadavia.

Pola presión dos fascistas locais, tivo que emigrar a Barcelona en 1947. Traballou na empresa municipal de electricidade Construcciones Eléctricas onde contactou coa CNT. Tras xubilarse, regresou ao Ribeiro. Finou en Ventosela con 95 anos.Fallece Bóveda, preso de la dictadura que lideró la fuga de un penal navarro

Recoñecementos

En 2002 recibiu unha homenaxe dos Amigos da República de Ourense."Amigos da República honran ó fundador da CNT no Ribeiro", La Voz de Galicia, 13-3-2002, p. 10.

Vida persoal Casou en Ribadavia con María del Pilar Feijóo-Montenegro Vázquez-Campo en agosto de 1957.El Pueblo Gallego, 1-9-1959, p. 12.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Homenaxe a un loitador republicano

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 2007 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes