miniatura|250px|Cranios das vítimas dos Khmer vermellos.
O xenocidio camboxano (en ) foi obra do réxime maoístaJackson, 1992: 219 dos Khmer vermellos (en francés: Khmer Rouge ou KR; en khemer: Khmer Krahom), un partido político que gobernou a chamada Kampuchea Democrática entre 1975 e 1979, cunha concepción extremista da revolución.
Baixo a dirección de Pol Pot, o réxime propúxose a creación dun modelo socialista agrario baseado nos ideais do maoísmo e o stalinismo. A súa política caracterizouse pola ruralización forzada dos habitantes dos núcleos urbanos, torturas, execucións masivas, traballos forzados xeneralizados e malnutrición, custando a vida de aproximadamente un cuarto da poboación do país.Etcheson, 2005: 119; Heuveline, 1998: 49-65 En cifras concretas, entre millón e medio e tres millóns de camboxanos faleceron. O xenocidio finalizou coa invasión vietnamita.Mayersan, 2013: 182 Descubríronse máis de 20 000 fosas comúns, chamadas Campos da Morte.DeMello, 2013: 86 Os principais descubrimentos destas fosas déronse entre 1995 e 1996.Kohn, 2013: 256
O obxectivo principal dos Khmer vermellos era purificar o país, en similitude ó tentado pola Alemaña nazi, crear unha raza superior ou, como dixo un líder khemer: «a purificación da poboación».Hannum, 1989: 88s Como a maioría das vítimas eran de etnia khmer, a mesma dos seus verdugos, ás veces denomínase ó proceso un "autoxenocidio".Vallvé Bermejo, 2005: 102
O 2 de xaneiro de 2001, o goberno camboxano aprobou unha lexislación para axuizar un número limitado de dirixentes vermellos. Estes comezaron o 17 de febreiro de 2009.Mendes, 2011: 13 O 7 de agosto de 2014, Nuon Chea e Khieu Samphan foron declarados culpables e sentenciados a cadea perpetua polos seus crimes de lesa humanidade.FIDH. “Camboya: Sentencia de 2 ex líderes del Jemer Rojo a cadena perpetua es histórica”. FIDH. Publicado el 7 de agosto de 2014. Consultado o 15 de decembro de 2015.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Waller, James. "Communist Mass Killings: Cambodia (1975–1979)". Keene State College. Cohen Center, Keene, NH. 17 de febreiro de 2015. Powerpoint Lecture.
Categoría:Historia de Camboxa Categoría:Xenocidio Categoría:Represión política