Air Astana (en kazako: Эйр Астана) é a aeroliña nacional da República de Kazakhstán. Baseada en Almati, opera voos regulares domésticos e internacionais a 64 destinos dende o seu principal centro de conexións, no aeroporto de Almati, e o seu centro de conexións secundario, no aeroporto de Astana. É unha empresa conxunta entre o fondo soberano kazakh Samruk-Kazyna (51%) e BAE Systems PLC (49%). Foi incorporada en outubro de 2001 e iniciou as súas operacións comerciais o 15 de maio de 2002.

Historia Orixinalmente foi concivida como unha aeroliña puramente doméstica. BAE Systems accedeu a participar a mediados de 2001 na nova empresa a petición do presidente do país, Nursultan Nazarbayev, co obxectivo de facilitar o contrato para un radar aéreo que estaba negociando co goberno de Kazakhstán. Sir Richard Evans, o presidente de BAE Systems na época, foi clave para acadar no acordo. Porén, o contrato para o radar nunca se materializou, e os posteriores cambios na dirección e nas estratexias de BAE Systems levaron ao peche das súas oficinas en Kazakhstán. Ademais, a pesar do apoio de Nazarbayev e de varios conselleiros próximos, a empresa foi vista nun primeiro momento como unha entidade estranxeira atopando unha oposición inmediata por parte de moitos elementos dos medios e da clase política do país.

2002-2005 A pesar da falta de apoios, a aeroliña conseguiu saír adiante. Baixo o mandato do seu primeiro presidente, o antigo executivo de British Airways Lloyd Paxton, alugou os seus primeiros 3 Boeing 737 a International Lease Finance Corporation (ILFC) e comezou as súas operacións comerciais o 15 de maio de 2002. A finais de 2003 alugou avións Fokker 50 a Aircraft Finance Trading BV (AFT) e 3 Boeing 757 a Pegasus Leasing Corp. No seu primeiro ano de operacións declarou beneficios. Tras a bancarrota da anterior aeroliña de bandeira Air Kazakhstan en febreiro de 2004, moveuse rapidamente para expandir a súa rede doméstica cara rutas internacionais como Dubai, Istanbul, Moscova, Pequín, Frankfurt e Londres.

2005-presente Os primeiros problemas co crecemento da aeroliña e desacordos sobre os plans da frota e a estratexia dos centros de conexión levaron a tensións entre os accionistas facendo que houbese un cambio na dirección en outono de 2005. Peter Foster, un antigo executivo de Cathay Pacific Airways que liderara o equipo de rehabilitación de Philippine Airlines en 1999 despois dunha tempada como CEO en Royal Brunei Airlines, foi nomeado presidente da aeroliña o 1 de outunro. Establecéronse plans de desenvolvemento a longo prazo e creáronse estruturas de xestión que permaneceron case sen cambios dende entón. A aeroliña vén sendo considerable rendible e foi listada entre as 20 con máis beneficios do mundo en termos de marxe neto nos anos 2010, 2011 e 2012 por Airline Business e Air Finance Journal.

Ata o 8 de decembro de 2016 Air Astana foi a única aeroliña kazakh con permiso para voar cara a Unión Europea.

Frota thumb|Air Astana Airbus A320-200 thumb|Boeing 757-200 de Air Astana thumb|Boeing 767-300ER de Air Astana En marzo de 2018 a frota de Air Astana estaba formada polos seguintes avións:

+ Air Astana Fleet Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas C Y TotalAirbus A320-2008—16132148Airbus A320neo1516132148Entregas a partir de finais de 2016Airbus A321-2004—28151179Airbus A321neo11028151179Serán entregados a partir de 2017Boeing 757-2005—16150166Serán substituídos por Airbus A321neo a partir de 2019Boeing 767-300ER3—31193223Boeing 787-8—3TBASerán entregados despois de 2021Embraer 190AR9—98897Embraer 190-E2—5TBASerán entregados a partir de 2018Total3123

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña

Categoría:Aeroliñas de Kazakhstán