O redondel (Li Hsing-Tao). Adaptación e versión galega nun acto para teatro infantil é unha pequena peza teatral de Ricardo Carballo Calero. Escrita en 1951, foi publicada no nº 64 da revista Grial en 1979 e reeditada en 1982.
Personaxes O Xuíz O Secretario O Aguacil O Portaestandarte Axudante 1º Axudante 2º Hai-Tang Señora Ma Señora Pe Señora Lin Señora Chang Chu-Lang
Desenvolvemento Constitúese o tribunal e o xuíz proclama súa rectitude e independencia. A acusada é Hai-Tang, a querelante a señora Ma. As dúas pretenden ser a nai do meniño Chu-Lang. Hai-Tang confesou a súa impostura, pero alega diante do xuíz que por causa da tortura lle sacaron a confesión.
Segundo o Secretario o príncipe Tung desamigouse con seu pai e marchou ao exilio. A súa curmá Ma foise xuntar con el, namoraron, casaron e tiveron a Chu-Lang. Tempo despois o pai perdooulle ao príncipe e emprenderon o regreso acompañados da escrava Hai-Tang. O príncipe morre no regreso e agora a escrava afirma ser a verdadeira esposa del e reclama a herdanza que lle corresponde do avó de Chu-Lang.
As testemuñas confirman a versión da señor Ma. Pero Hai-Tang afirma que as testemuñas están compradas con diñeiro e non din a verdade. O propio meniño confirma que Hai-Tang é a súa nai.
Para arranxar o problema o xuíz manda facer un círculo marcado cunha liña de xiz, poñerase o meniño dentro e as dúas pretendidas nais turrarán para sacalo, a que o consiga será a verdadeira nai.
Por dúas veces a señora Ma consegue sacar o meniño do círculo mentres que Hai-Tang nin intenta turrar por el. O xuíz pregúntalle por que non o intenta. Responde Hai-Tang que unha verdadeira nai non quere mancar o seu fillo e se tirase dos seus brazos, se fixese forza, o neno de cinco anos sufriría moito e mancaríase, romperíanse os seus ósos.
E o xuíz resolve sobre quen é a verdadeira nai, sobre a responsabilidade do xuíz instrutor e os funcionarios responsables da tortura, tamén sobre as falsas testemuñas.
Toma a palabra Hai-Tang:
Características A obra é unha adaptación para teatro infantil do drama Hui Lan Ji do autor chinés Li Qianfu (Li Hsing-Tao), a partir da versión castelá El círculo de tiza.Kschemisvara e Li Hsing-Tao (1941). Dos joyas del teatro asiático: La ira de caúsica / El círculo de tiza. Colección Austral n.º 215, Espasa-Calpe. Buenos Aires . A historia refírese ao motivo da coñecida historia bíblica de Salomón cando un xuíz demostra a súa sabedoría nun caso semellante ao desta peza teatral. A obra foi adaptada tamén por Bertolt Brecht en 1944 co título de Der kaukasische Kreidekreis.
Segundo Henrique Rabuñal: Carvalho recorre á técnica da autopresentación no caso dun xuíz que debe dirimir a maternidade de Chu-Lang... Nesta disputa asistimos a unha reflexión, na liña doutras que aparecen nos textos do autor, sobre a xustiza, a mentira e os intereses económicos.
Carballo Calero dixo sobre a obra:
Notas
Véxase tamén Outros artigos Xuízo de Salomón
Categoría:Obras literarias de 1979 Categoría:Obras literarias de Carballo Calero Categoría:Obras de teatro en galego