Os nukak (tamén coñecidos como nukak-makú) son un pobo indíxena de Colombia que habita entre os ríos Guaviare e Inírida, nas profundidades da selva tropical húmida. O seu territorio atópase no bordo da bacía do río Amazonas, no departamento de Guaviare. Son cazadores-recolectores nómades con patróns estacionais que ademais practican unha horticultura cambiante en pequena escala. Foron un "pobo non contactado" até o ano 1981, e dende entón perderon a metade da súa poboación, principalmente por mor das enfermidades."Se suicida un líder indígena, desesperado por la inminente extinción de su pueblo en Colombia," El Mundo, outubro de 2006. Parte do seu territorio foi ocupado e utilizado por cocaleiros, rancheiros e outros colonos, así como polas guerrillas, o exército e os paramilitares. A resposta perante esta crise inclúe protestas, solicitudes de asimilación e o suicidio do líder Maw-be'. Arredor de 210–250 viven no asentamento provisional de San José del Guaviare, mentres que outros tantos viven de xeito nómade na Reserva Nukak (Resguardo).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Pobos indíxenas de Colombia
Categoría:Pobos indíxenas de Colombia