Manuel Millares Vázquez, nado en Noia o 9 de febreiro de 1906 e finado en Madrid en novembro de 1985, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria Co oito anos emigrou cos seus pais a Cuba. Tivo diversos traballos ata que en 1930 apareceron as súas primeiras colaboracións en España Republicana. Foi nomeado presidente da Izquierda Republicana Española en Cuba en 1935. A mediados de 1937 foi enviado polo xornal Pueblo como correspondente a territorio republicano. Permaneceu alí varios meses, e a partir desa experiencia escribiu a novela Hombres de paz en guerra. Rematou os estudos de Ciencias Sociais e Dereito Público na Universidade da Habana en 1938. Foi columnista do periódico El Mudo e da revista Carteles e colaborou en Bohemia, Facetas de Actualidad Española, Galicia, El Periodista, Vida Universitaria, Voz de España e Loita. En 1946 renunciou ao Círculo Republicano Español onde militaba e comezou a apartarse da loita antifranquista. En 1946 escribiu o programa radial Páginas de España co poeta Ángel Lázaro. Durante a ditadura de Batista foi asesor da Junta del Instituto Nacional de Cultura. Marchou de Cuba despois do triunfo da revolución e estableceuse en Porto Rico, onde foi profesor da súa Universidade. Finou en Madrid en novembro de 1985.El País, 25-11-1985, p. 61.

Obras Chela. Siete cuentos del Trópico, 1934. Cuentos de mar y tierra Vidas fecundas Hombres de paz en guerra. Memorias de un miliciano. 1938. Reeditado en 2025 por Eoditorial.

Recoñecementos Premio Justo de Lara (1949). Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Un noiés novela a Guerra Civil Manuel Millares Vázquez Millares Vázquez, una vida fecunda

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Noia Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en Noia Categoría:Nados en 1906 Categoría:Finados en 1985 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes