O aeroporto internacional de Chongqing-Jiangbei é un aeroporto chinés situado no distrito de Yubei da cidade de Chongqing. O aeroporto instalacións de tránsto para 72 horas de visa gratuíta para certas nacionalidades. No ano 2014 quedou no terceiro posto na categoría do "Mellor aeroporto de entre 25 e 40 millóns de pasaxeiros" de Airports Council International.
Situado a 19 quilómetros ao norte do centro de Chongqing, o aeroporto é un gran centro de conexións para as aeroliñas no oeste da China, como China Express Airlines, China Southern Airlines, Chongqing Airlines, Sichuan Airlines, Shandong Airlines e China West Air. Chongqing é unha cidade focal para Air China e Hainan Airlines.
O aeroporto ten tres terminais: a Terminal 2 serve voos domésticos e a Terminal 3A tanto domésticos como internacionais, mentres a Terminal 1 atópase pechada a día de hoxe. A primeira, segunda e terceira fase do aeroporto comezaron a operar en xaneiro de 1990, decembro de 2004 e decembro de 2010, respectivamente. A Terminal 2 é capaz de manexar 30 millóns de pasaxeiros e a 3A 70 cada ano.
En termos de tráfico de pasaxeiros, O aeroporto de Jiangbei Airport foi o noveno máis concorrido do país en 2016, sendo usado por 35 888 819 pasaxeiros cun aumento dun 10,8% con respecto ao ano anterior. En movementos de avións foi o 8º máis concorrido do país e o 10º en termos de carga.
Aeroliñas e destinos Pasaxeiros
Carga
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web do aeroporto
Chongqing