miniatura|Culturas precolombianas de Colombia. A época precolombiana refírese ó período histórico de Colombia anterior á colonización española. O termo "precolombiana" refírese ós pobos que habitaban América antes da chegada de Cristovo Colón en 1492, pero aplicado exclusivamente ás antigas colonias españolas no continente, o que hoxe coñecemos como Hispanoamérica.
Primeiros poboadores Os achados arqueolóxicos máis antigos foron atopados nos abeiros rochosos de Chiribiquete, onde foron datadas pictografías rupestres de até 19510 a. C.Castaño Uribe, Carlos (2008) Tradición Cultural Chiribiquete. Rupestreweb. Consultada el 2 de agosto de 2016. En Pubenza (Tocaima, Cundinamarca) atopáronse oito artefactos e nunha capa estratigráfica datada en 16400 a. C.Van der Hammen, Thomas y Correal, Gonzalo (2001) “Mastodontes en un humedal pleistocénico en el valle del Magdalena (Colombia) con evidencias de la presencia del hombre en el pleniglacial”; Boletín de Arqueología 16(1): 4-36. Bogotá: Fundación de Investigaciones Arqueológicas Nacionales, Banco de la República. No sitio El Jordán, Roncesvalles (Tolima), a presenza humana foi datada en 12900 a. C.Salgado López, Héctor (1998) "Exploraciones arqueológicas en la Cordillera Central Roncesvalles-Tolima". Bogotá: Fundación de Investigaciones Arqueológicas Nacionales, Banco de la República. Nos abeiros rochosos do El Abra, ó leste de Zipaquirá, na Sabana de Bogotá atopáronse instrumentos líticos en 1967, datados no 10460 a. C. ± 160.Correal, Gonzalo; Thomas van der Hammen y J. C. Lerman (1970): "Artefactos líticos de abrigos en El Abra, Colombia"; Revista Colombiana de Antropología 14: 9-46. Este achado no centro do país significa que as migracións paleoindias chegaron a Suramérica con anos de anterioridade a estas datas.
Na Sabana de Bogotá atopáronse no abeiro de Tequendama ferramentas de pedra elaboradas con esmero, como raspadores, coitelos laminares e puntas de proxectil, que datan dun milenio máis tarde. Foron elaborados por grupos de cazadores especializados, de quen apenas se atoparon cinco falanxes. De entre o 7500 a. C. e 6500 a. C. proveñen menos obxectos de pedra pero aparecen xavelinas e outros obxectos de madeira, así como múltiples instrumentos de óso de animal e ademais ósos humanos calcinados. Atopáronse esqueletos completos do 5000 a. C., dun tipo físico diferente ó dos muiscas que chegaron posteriormente á rexión.
Atopáronse asentamentos arqueolóxicos da etapa arcaica en diferentes lugares de Colombia. En San Jacinto acháronse mostras de cerámica que datan de 3000 a. C.; en Monsú descubríronse asentamentos adaptados á vida costeira caracterizados por ser recolectores de moluscos cunha antigüidade de 3350 a. C. e 1300 a. C.; na Rexión Amazónica achouse un asentamento no que se evidencia a agricultura cara ó ano 2700 a. C. Na Costa Caribe atopáronse probas de aldeas xa organizadas socioculturalmente do formativo inferior cara á culminación do II milenio a. C. En Malambo, preto da costa do mar Caribe, atopáronse rexistros de cerámica antropomorfa, zoomorfa e de cultivos que datan de 1120 a. C.
Culturas precolombianas Os primeiros vestixios coñecidos de cultura hortícola sobre o territorio colombiano atópanse na zona de influencia dos Montes de María, que asucan os departamentos de Bolívar e Sucre, ademais dun contraforte destes montes cara ó departamento do Atlántico onde tamén houbo pequenos asentamentos relacionados con tribos que se formaron sobre todo na área denominada Puerto Hormiga, onde se realizaron escavacións, e atopáronse vasillas e olaría, á que se lles practicaron probas que sitúan a esta cultura no V milenio a. C. Estas comunidades fóronse dispersando, e parece que trasladaron os seus coñecementos en pesca e olaría á cultura zenú, na cal se integraron ó migrar ó norte.
Así mesmo en Araracuara, Caquetá, atopáronse restos de asentamentos e prácticas hortícolas, así como cerámica provenientes de 2700 a. C.
O sitio Zipacón, indica que os desenvolvementos agrícolas no altiplano cundiboyacense remóntanse máis aló do 1320 a. C.; con coexistencia da cazaría e recolección, xunto con prácticas agrícolas e olaría durante o período cultural Herrera.
San Agustín e Tierradentro
miniatura|Parque arqueolóxico de San Agustín. A cultura San Agustín é tecnicamente descoñecida, pois o pobo agustiniano desapareceu antes da chegada dos conquistadores. A Fonte de Lavapatas, é unha demostración das habilidades escultóricas da cultura Agustiniana, pois está situada sobre unha crebada e contén pileta esculpidas na rocha, rodeadas de figuras zoomorfas e antropomorfas.
O bosque das Estatuas, pola súa banda, é unha ampla chaira chea das mellores expresións monolíticas e dolménicas. Nesta chaira admírase tanto a sinxeleza de certas estatuas, como a preocupación pola ornamentación e o detalle doutras, figuras zoomorfas, amplos tocados, figuras de pedras con alusión ó "Alter ego".
Por outra banda, a cultura de Tierradentro tamén tivo contribucións á estatuaria e a olaría, pero esta entrou máis profundo no relacionado co asunto da vida e a morte. Os vestixios máis tanxibles dela son os hipoxeos, que estes deixaron en Inzá, Cauca, onde case o 80% da zona é controlada polo pobo nasa, aparentes descendentes dos habitantes de Tierradentro. Nestes resgardos fálase unha lingua autóctona que pode descender da falada polos Tierradentro.
Os Tierradentro, construían varias clases de tumbas, entre as cales algunhas avanzan até oito metros baixo terra con amplos salóns ovalados ou circulares ó redor dunha columna central. Estes están decorados con figuras zoomorfas e xeométricas.
Os taironas
miniatura|Ciudad Perdida. Os taironas habitaron a zona máis setentrional de Colombia, exactamente na Serra nevada de Santa Marta, onde os pobos estaban comunicados por unha rede de camiños de pedra, e as súas vivendas eran de forma circular, sen xanelas e teitadas de palma de montaña. Os taironas formaban unha autarquía pois os seus territorios comprendían varios pisos térmicos. Iso permitiulles contar cunha dieta variada, na que ademais de bolos, os taironas eran consumidores de chicha e arepas. Para adozar as bebidas, usaban o mel, que producían en colmeas feitas por eles. No ámbito froiteiro, sobresae a produción de hortalizas, as guanábanas, piñas, aguacates e guayabas. A súa principal fonte proteica era o peixe obtido do comercio con outros pobos que vivían preto de mar.
Cada cidade grande (uns 1000 habitantes) xeralmente contaba cun cacique, figura con poucas atribucións divinas, quen dentro dos límites da súa cidade, cumpría funcións cerimoniais, executivas, e xudiciais. Os caciques podían ter opinións diverxentes, pero as institucións inermes e uniformes da nación tairona eran os sacerdotes; respectados e mesmo venerados, eles, a pesar de carecer de autoridade executiva, influenciaban notablemente nas decisións dos consellos e rexían a vida dos habitantes baixo os preceptos dos deuses. As cidades tamén achegaban homes, para ser adestrados como guerreiros, isto estaba a cargo de consellos conformados por representantes dos caciques de cada cidade. Ao terminar o seu adestramento, os homes eran chamados "Manicatos".
A lingua dos taironas pertencía ás linguas chibchas, da cal tamén eran membros os muiscas. Por iso, entre os muiscas e os taironas existían certos lazos culturais, facendo as relacións entre eles máis fluídas que en comparación con outras como a Quimbaya. No referente aos seus mitos e tradicións, os taironas contaban con varios deuses, aínda que pouco se sabe deles, xa que non tiñan lingua escrita e os cronistas da colonia non se penetraron na serra. Con todo, os Kogui aínda coñecen os mitos cosmogónicos da súa cultura.
Na área da Ourivaría, os taironas desenvolveron técnicas como a cera perdida e o uso da tumbaga. Tamén desenvolveron a habilidade de usar as plumas para adornarse nas festas.
O ocaso da nación tairona comezou á chegada de Rodrigo de Bastidas, en 1528, á zona onde eles habitaban, e para 1550 xa foran exterminados nunha ampla porcentaxe. Entre os sobreviventes, algúns refuxiáronse nas zonas máis altas da montaña, e outros formaron parte do proceso de mestizaxe. Aqueles que quedaron nas partes altas da serra aínda sobreviven, conformando os pobos kogui, arhuaco e wiwa.
Os muiscas
miniatura|Balsa muisca. Para 1537, ano da chegada dos españois ó Altiplano Cundiboyacense, estímase que os muiscas eran preto de 1 millón, organizados en 56 tribos. Foron unha cultura cunha estrutura político-administrativa que desenvolveu unha organización de cacicados, coñecida como Confederación muisca cun sistema uniforme de camiños, lingua, impostos, relixión e leis. Había dúas grandes confederacións: a do zipa de Bacatá (Bogotá) e a do zaque de Hunza, sendo Funza a capital da confederación de Bacatá. Cada poboado membro da Confederación, debíalle tribto ao gobernante muisca (zipa ou Zaque), dándolle tributos e recursos da súa zona; a cambio de protección e mercado para os seus produtos. Ademais tiñan normas de control social e convivencia como o código de Nemequene.
Tamén era traballo do gobernante a formación dos guerreiros ou güechas, que na cultura muisca estaban organizados en forma de exército, pois dependían directamente dos grandes señores. En tempos de guerra todos os uzaques, ou señores menores, reuníanse co gobernante e tomaban as decisións.
A contribución dos muiscas á cultura colombiana é quizais a máis importante. Destácanse xogos como o tezo (turmequé), que foi inventado polos muiscas, e ao que os españois lle agregaron o detalle da pólvora. A mitoloxía muisca transcendeu debido a que Bogotá se instituíu como capital do Novo Reino de Granada, e moitos cronistas asentáronse alí. Segundo os muiscas, entre os seus varios deuses, os máis importantes eran Sué (O Sol), a quen erixiron o templo de Sugamuxi ou Suamox (Sogamoso). Chía (A Lúa), e o seu templo na vila que hoxe leva ese mesmo nome, o segundo en orde de importancia. Outros personaxes como Bochica, que non eran deuses, eran lembrados por todos. Ademais , os muiscas son a nación que deu orixe á lenda de "El Dorado".
Eran os únicos produtores de esmeraldas, monopolizaron a minería do cobre, o carbón tanto vexetal como mineral, e contaban coas minas de sal de Nemocón, Zipaquirá e Tausa. As esmeraldas, o sal e o cobre, necesarios para fabricar xoias, eran trocadas cos pijaos e os panches, que habitaban o sur; en cambio, estes dábanlles ouro, que tiñan en abundancia. Os bosques eran públicos, do mesmo xeito que as lagoas, os páramos e as ribeiras dos ríos, facendo a produción alimenticia acorde ás necesidades de cada habitante. En Bacatá, Chocontá e Hunza, establecéronse o tres grandes mercados onde a xente reuníase a cambiar as súas mercadorías. As fontes salgadas estaban rodeadas de fornos, que podían ser usados por todos para evaporar a auga e obter halita. O seu mecanismo social de redistribución funcionou paralelamente ao sistema de intercambio. Os caciques captaban os excedentes produtivos por medio de tributo, redistribuíndo unha parte entre a poboación a través dun fondo de consumo común.
Os quimbayas
miniatura|Poporo quimbaya. Os quimbayas habitaron a rexión do actual Eixo cafeteiro, sobre todo no Quindío. Son famosos pola súa habilidade de construción coa guadua, a súa ourivaría e os seus guerreiros. Vivían en chozas redondas de guadua con teitos de palma, e foron os creadores do poporo quimbaya, e o Tesouro dos Quimbayas.