Eva Mejuto Rial, nada en Sanxenxo o 8 de maio de 1975, é unha escritora galega.

Traxectoria Doutorouse en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela cun traballo sobre o realismo social no álbum ilustrado: Álbum testemuño: achegar a realidade ás crianzas. Traballou na editora Kalandraka ata 2004 e en OQO Editora ata 2016. En 2017 coordinou o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra. En 2018 formou parte do Proxecto Capicúa de xestión cultural.

A súa especialidade é a literatura infantil e xuvenil. Ten realizado cursos de formación sobre libro-álbum e exercido a docencia no mestrado Libro Ilustrado e Animación Audiovisual da Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo. Participa habitualmente en encontros en colexios.

É autora de diversas adaptacións de contos tradicionais a álbums ilustrados, traducidos a máis de dez idiomas. En 2017 publicou 22 segundos, narrativa para adolescentes. A sinopse da obra segundo David González é:

En 2019 publicou en Xerais Memorias do silencio, unha novela que se desenvolve en Galicia durante a segunda guerra mundial. miniatura|Con María Reimóndez e Manuel Bragado en Pontevedra o 21 de marzo de 2018

Obras A casa da mosca chosca (2002). Kalandraka. ISBN 84-8464-155-4. Adaptación dun conto popular ruso. Ilustracións de Sergio Mora. Foi publicado en catalán, éuscaro, castelán, portugués, inglés e italiano Rato de campo e rato de cidade (2002). Kalandraka. ISBN 84-8464-139-2. Ilustracións de Kiko da Silva. Foi publicado en castelán por Kalandraka O zapateiro e os trasnos (2003). Kalandraka. ISBN 84-8464-212-7. Adaptación dun conto popular. Ilustracións de Elia Manero. Foi publicado en castelán por Kalandraka Corre, corre, cabaciña (2006). OQO Editora. Adaptación dun conto tradicional portugués. Ilustracións de André Letria. Foi publicado en castelán, catalán, portugués e italiano Tres desexos (2007). OQO Editora. ISBN 978-84-96788-63-3. Adaptación dun conto tradicional portugués. Ilustracións de Gabriel Pacheco. Foi publicado en castelán e en italiano Maruxa (2014). OQO Editora. ISBN 978-84-9871-490-6. A partir dunha canción tradicional polaca. Ilustracións de Mafalda Milhoes 22 segundos (2017). Xerais. 136 páxs. ISBN 978-84-9121-239-3, 136 p. Foi traducida ao castelán. miniatura|Presentación de Memoria do silencio na Casa da Luz de Pontevedra o 29 de xaneiro de 2019 con Su Garrido Pombo, María Xesús López Escudeiro e Fran Alonso Memoria do silencio (2019). Xerais, Colección Fóra de Xogo. 152 paxs. ISBN 978-84-9121-461-8 Dez gatiñas viaxeiras (2019). Xerais. Colección Pequeno Merlín. 32 páxs. Ilustracións de Víctor Rivas A lavandeira de San Simón (2020). Xerais, Pequena memoria. Bea Gregores, Ilustradora. 40 páxs. ISBN 978-84-9121-762-6. Traducida ao castelán pola propia autora en 2021 Neko (2021). Oqueleo. 80 páxs. ISBN 9788416834310. Ilustracións de Bea Gregores Cando leo (2022). Xerais. Ilustracións de Bea Gregores. 40 páxs. ISBN 978-84-1110-073-1 A ladroa da biblioteca de Meirás (2022). Xerais. 152 páxs. ISBN 978-84-1110-105-9. Memoria diversa (2022). Deputación da Coruña. 260 páxs. ISBN 978-8498123951. É unha proposta para dar visibilidade ás persoas que loitaron pola dignidade do Orgullo LGTBI e ás vítimas da represión e o rexeitamento por cuestións de orientación ou identidade de xénero. O día que choveron gatos (2023). Vigo: Xerais. Ilustracións de Susana Suniaga. 200 páxs. ISBN 978-84-1110-302-2. ePub: ISBN 978-84-1110-312-1. Os contos do lobicán (2023). A Coruña: Baía, Barriga Verde / Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, AGADIC. 31 páxs. ISBN 978-84-9995-427-1. Queco e Kika (2025). Vigo: Xerais, Col. Merlín. Ilustracións de Paula Cheshire. 104 páxs. ISBN 978-84-1110-713-6. ePub: ISBN 978-84-1110-722-8. Lala e Lolo son inseparables (2026). Vigo: Ed. do Cumio. Ilustracións de Bea Gregores. ISBN 978-8482897837. En castelán: ISBN 9788482897820.

Álbum ilustrado

Sei cantar e sei bailar (2025). Ilustrado por Lucía Cobo. Vigo: Xerais. 40 páxs. ISBN 978-84-1110-618-4. ePub: ISBN 978-84-1110-624-5. Álbum ilustrado para homenaxear a todas as mulleres anónimas que teceron, amaron e transmitiron a nosa música, poesía, lingua e cultura ao longo dos séculos. Os fíos de Begoña. Pequena biografía de Begoña Caamaño (2026). Vigo: Xerias. 40 páxs. ISBN 978-84-1110-758-7. Ilustrador: Nuria Díaz. Universo diverso. Unha viaxe pola galaxia LGBTIQA+ (2026). Con Nee Barros e ilustracións de Julia Lago. Vigo: Xerais. 40 páxs. ISBN 978-84-1110-855-3.

Obras colectivas: Los cuentos del camino (2013). VV.AA. DVD Minilibros imperdibles 1 (2016). Kalandraka. ISBN 978-84-8464-261-9 Camiños (2017). Magín Blanco. CD-Son

Tradutora (1999). As clases de tuba. Kalandraka. ISBN 84-95123-72-X (2007). Petra. OQO Editora. ISBN 978-84-9871-002-1 (2014). A cociñeira do Rei. OQO Editora. ISBN 978-84-9871-501-9

Premios

2021: Premio dos Clubs de lectura do Plan LÍA de Bibliotecas Escolares (Lectura, Información e Aprendizaxe) da Consellería de Cultura, Educación e Universidades. 2021: Premio Follas Novas do Libro Galego por A lavandeira de San Simón: Iniciativa bibliográfica. 2022: Premio Follas Novas do Libro Galego por Neko: Mellor Libro Infantil. 2022: XIV Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques modalidade para rapaces por Os contos do Lobicán. 2023: Premio Follas Novas do Libro Galego na modalidade Xuvenil por A ladroa da biblioteca de Meirás. 2023: Premio Follas Novas do Libro Galego na modalidade Obra de divulgación por Memoria diversa. 2024: Premio Agustín Fernández Paz pola novela Onde caben catro.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas 20x20px Booktuber1 de "22 segundos" de Eva Mejuto, Consultado o 21/03/2018 20x20px Booktuber2 de "22 segundos" de Eva Mejuto, Consultado o 21/03/2018 20x20px El libro álbum en tiempos de conflicto, por Eva Mejuto, Consultado o 21/03/2018 20x20px Eva Mejuto e Maruxa, Consultado o 21/03/2018 20x20px Corre Corre Cabacinha - Eva Mejuto, Consultado o 21/03/2018

Categoría:Nados en 1975 Categoría:Nados en Sanxenxo Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Vigo