Gloria Méndez Seijido, nada en Ferrol en 1969, é unha escritora e tradutora galega.
Traxectoria Cando era nena marchou cos pais emigrada, primeiro a Guinea Ecuatorial e logo a Barcelona. Licenciouse en Filoloxía pola Universidade de Barcelona, e despois continuou os seus estudos na universidade de París 8, onde fixo un posgrao en Xestión cultural e Fotografía, e na Universidade Aberta de Cataluña, onde fixo un mestrado en Recursos humanos.
Ademais de en París, tamén viviu en México, os Estados Unidos, Kampala e Gran Bretaña. En 2008 vivía en Barcelona. Profesionalmente dedícase ao desenvolvemento persoal, e ten unha empresa diso. Preside a Asociación Catalá de Coaching.
Obra O informe Kristeva (novela, 1997) La verdadera historia de Sara James (novela, 2004) Juan, el arbolito viajero, y otros cuentos (narrativa infantil, 2006).
Traducións Ten unha extensa carreira como tradutora ao español. Entre as obras que verqueu atópase Little Women, a novela de Louisa May Alcott.
Vida persoal Ten dúas fillas e un fillo.
Notas
categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Tradutores de Galicia Categoría:Tradutores do inglés Categoría:Tradutores ao castelán Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1969 Categoría:Galegos de Cataluña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes