WOW air é unha aeroliña de baixo custo islandesa centrada en voos transatlánticos. A compañía ten a súa sede en Reiquiavik e está baseada no aeroporto de Keflavík.
Historia WOW air fundouse en novembro de 2011 e realizou o seu voo inaugural en maio de 2012. O seu fundador foi o empresario Skúli Mogensen, cunha ampla experiencia comercial, principalmente en empresas tecnolóxicas en Islandia, Europa e Norteamérica.
En outubro de 2012 WOW air mercou as operacións e a rede de Iceland Express. Iceland Express operaba voos a varios destinos en Europa e Norteamérica usando avións alugados. A finais dese mes, tras a compra das súas operacións, incrementáronse as frecuencias dos voos a Londres-Gatwick e a Copenhague e comezaron novos servizos a Berlín-Schönefeld, Kaunas, Salzburgo e Varsovia-Chopin. A aeroliña transportou uns 400 000 pasaxeiros en 2013. En decembro de 2014 a WOW air transportou ao seu viaxeiro 1 millón.
Dende o ano 2015 WOW air comezou a expandirse cara Norteamérica, primeiro nos Estados Unidos e despois no Canadá a partir de maio de 2016. Os voos cara Os Ánxeles e San Francisco comezaron en xuño de 2016 usando dous avións Airbus A330-300 alugados a Air Europa.
Frota thumb|Airbus A321-200 de WOW air thumb|Airbus A330-300 de WOW air En xuño de 2017 a frota de WOW air estaba formada polos seguintes avións:
+ Frota de WOW AirAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasWYTotalAirbus A320-2002——174174Un operado por Avion ExpressAirbus A320neo1——180180Airbus A321-20044—200200120820832182183220220Airbus A321neo11—218218Airbus A330-3001—21324345227318345Airbus A330-900neo—4TBA365As entregas comezarán en 2018 Total189
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña
Categoría:Aeroliñas de Islandia Categoría:Aeroliñas de baixo custo