Ángela de la Cruz, nada na Coruña en 1965 é unha artista galega. Foi nomeada para o Premio Turner en 2010."Supermarket singer on the Turner Prize Shortlist", The Independent, 4 May 2010Turner prize 2010: a shortlist that is half-baked, The Guardian, 4 May 2010"Supermarket singer on Turner Prize shortlist", The Telegraph, 4 May 2010 En 2017, gañou o Premio Nacional de Artes Plásticas.

Traxectoria Estudou filosofía na Universidade de Santiago de Compostela, antes de mudarse a Londres en 1989, onde estudou arte na Universidade de Arte de Chelsea, no Goldsmiths College e na Slade School of Art (University College, Londres). Vive e traballa en Londres. CV from Lisson GalleryCV from Anna Schwartz Gallery Tivo unha filla, nada en 2005, mentres se atopaba nun coma despois de padecer unha hemorraxia cerebral.Ángela de la Cruz's brush with death, The Guardian, 5 April 2010 De la Cruz utiliza agora cadeira de rodas e necesita asistentes para realizar o seu traballo.

Expuxo en Manifesta 5 en Donostia en 2004. A súa primeira exposición individual no Reino Unido, chamada "After", tivo lugar no Camdem Arts Centre en abril e maio de 2010.Ángela de la Cruz's deadly art goes on show, The Guardian - works from "After" Foi nomeada para o Premio Turner en 2010.

De la Cruz tamén utilizou aluminio como material de base para o seu traballo. O material é soldado cunha forma para despois esmagalo, golpealo e distorsionarlo (polo Estudo de Mike Smith, que traballa baixo as instrucións de Ángela) antes de ser entregado ó estudo de Ángela da Cruz para ser pintado polos seus axudantes.http://mikesmithstudio.com/projects/compressed/ Expuxo algúns destes traballos na Galería Lisson'Burst' en la Galería Lisson de Milán, en 2013, e no Centre d'Art A Panera de Lleida, en 2015.http://www.lissongallery.com/exhibitions/angela-de-la-cruz-burst

Foi galardoada co Premio Nacional das Artes Plásticas 2017. O xurado recoñeceu a "intensidade da súa obra que explora a complexa relación entre o espazo ilusionista da pintura e a presenza física da escultura”.

Notas

Categoría:Nados en 1965 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Artistas de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela