Xosé Basanta Fernández Pacheco, nado o 15 de decembro de 1784 en Mondoñedo e finado 23 de marzo de 1865 na mesma cidade, foi un sacerdote galego, mestre de capela da catedral de Mondoñedo durante case 60 anos. Escribiu panxoliñas de Nadal, algunhas delas en galego. A súa composición máis coñecida é Plorans plorarit.
Traxectoria Ingresou no coro de nenos da Catedral de Mondoñedo en 1796, ano no que pasa a depender da Catedral ao morrerlle a avoa e ser orfo de pais polo que se formou musicalmente na catedral. En 1805 é nomeado Mestre de Capela da catedral.
Viaxou a Santiago de Compostela e Madrid para mellorar a súa formación e recibiu a oferta de Mestre de Capela da Catedral de Oviedo, que non aceptou ao mellorárselle a situación en Mondoñedo.
Algunhas das súas obras son: Miserere, Plorans, ploravit, Dixit Dominus, Deus ecce Deus, Misa, Sacri Solemnis, Libera me Domine. En 1832 escribiu o Oficio dos defuntos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina Categoría:Nados en 1784 Categoría:Finados en 1865 Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos