Vostok 4 foi o nome da cuarta misión tripulada da Historia, con Pavel Popovich a bordo. Foi lanzada pola Unión Soviética o 12 de agosto de 1962 mediante un foguete Vostok 8K72K desde o cosmódromo de Baikonur.

Características A misión de Vostok 4 foi realizar a cuarta misión orbital tripulada da Historia e o primeiro voo en formación xunto coa Vostok 3. A Vostok 3 foi lanzada en primeiro lugar e a 4 un día máis tarde para atoparse en órbita e achegarse a tan só uns quilómetros unha da outra. Os obxectivos da misión foron estudar a capacidade do corpo humano para traballar en microgravedade, facer experimentos científicos e mellorar os sistemas das naves espaciais. O lanzamento da Vostok 4 foi tan preciso que no momento da inserción orbital as naves estaban a menos de 5 km de distancia. Os dous cosmonautas, Nikolayev na Vostok 3 e Popovich na 4, chegaron a contactar por radio, pero dado que as naves Vostok non tiñan capacidade de manobra, empezaron a alonxarse sen posibilidade de reunirse de novo. A cápsula de Popovich comezou a ter problemas no sistema de soporte vital, coa temperatura da cápsula baixando a 10 °C e a humidade ao 35%. Foi a primeira misión na que se transmitiron imaxes de televisión desde o espazo ao sistema de televisión terreste (da Unión Soviética). A nave regresou á Terra o 15 de agosto de 1962 ás 6:59 GMT na rexión de Karaganda.

Véxase tamén

Outros artigos Vostok 1 Vostok 2 Vostok 3 Vostok 5 Vostok 6 Vostok (nave espacial)

Notas

Categoría:Programa Vostok