Aigle Azur, legalmente Société Aigle Azur Transports Aériens,foi unha aeroliña francesa coa súa sede en Tremblay-en-France, preto de París. Operaba voos regulares de pasaxeiros domésticos e servizos internacionais, principalmente cara Europa Occidental e o Norte de África. Tamén operaba voos chárter, de carga e servizos de wet lease. A súa base principal era no aeroporto de París-Orly.
Historia En abril de 1946 Sylvain Floirat creou a Aigle Azur orixinal como unha das primeiras aeroliñas totalmente privadas e independentes da posguerra en Francia. Entre 1946 e 1955 a compañía operou unha gran frota de avións Douglas DC-3.Gradidge, 2006, p.183
Durante os primeiros anos 50 Aigle Azur comezou a operar rutas de logo alcance uníndo á Francia metropolitana con África e a rexión Asia-Pacífico. O ministro francés de Obras Públicas e Transporte transferiu dereitos de tráfico de Air France para estas rutas operadas polas novas aeroliñas independentes do país, como Aigle Azur.
En 1970 a compañía foi reformada como aeroliña rexional co nome de Lucas Aviation. A súa a sede corporativa e operacional atopábase no aeroporto de Pontoise, situado en Boissy l'Aillerie. Lucas Aviation inicialmente comerciolizouse como Lucas Air Transport e operou servizos domésticos regulares, incluído un servizo anual entre Deauville e Londres-Gatwick. Posteriormente o nome cambiou unha vez máis cara Lucas Aigle Azur.
En maio de 2001 o Groupe GOFAST mercou Lucas Aigle Azur aos seus anteriores donos e recuperou o seu antigo nome, Aigle Azur. O novo dono centrou a compañía como unha aeroliña principal de curto e medio alcance, con servizos tanto regulares como chárter. Aigle Azur comezou a substituír os seus Boeing 737 por avións da familia Airbus A320.
O 23 de outubro de 2012, o conglomerado chinés HNA Group anunciou que completara a compra do 48% das accións de Aigle Azur, converténdose no seu segundo maior accionista, tras Group GOFAST.
O 16 de novembro de 2017 David Neeleman mercou o 32% das accións do capital de Aigle Azur. Neeleman é tamén accionista doutras aeroliñas con participación do HNA Group, como TAP Air Portugal ou Azul Linhas Aéreas Brasileiras.
Frota thumb|Airbus A320-200 de Aigle Azur En marzo de 2018 a frota de Aigle Azur estaba formada polos seguintes avións: + Frota de Aigle AzurAviónEn servizoPedidosPasaxeirosNotasCYTotalAirbus A319-1001——145145Airbus A320-2009——17417436138174Airbus A330-200—2TBAVan ser alugados a partir de abril de 2018.Total102
Notas
Bibliografía Gradidge J.M.G. DC-1 DC-2 DC-3 The First Seventy Years. Air-Britain (Historians) Ltd. Tonbridge, Kent. 2006. .
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web da aeroliña
Categoría:Aeroliñas de Francia